Skip to main content

Évame
Oroza

A asociación Évame Oroza ten como misión custodiar e promover o coñecemento e difusión do legado literario de Carlos Oroza (Viveiro, 1923-Vigo, 2015) afianzando a ponte bicultural que, co legado do poeta, une a creación literaria en castelán e en galego. Pretende tamén actuar como catalizador e albergue das inquietudes culturais das novas xeracións tanto no ámbito da narrativa como no da poesía.

No seu recentemente estreado local social, na Praza do Abanico,  a Asociación Évame-Oroza tamén abre as súas portas á á investigación da escritura, á documentación cultural e declara a súa intención de fomentar a interacción coas artes, tanto en soportes tradicionais como tecnolóxicos, e as artes visuais.