Skip to main content
Mai 6, 2023

Homenaxe a Oroza no Círculo de Bellas Artes de Madrid

O pasado seis de maio na Sala de Xuntas do Círculo de Belas  Artes de Madrid tivo lugar un acto de homenaxe ao poeta Carlos Oroza.  Baixo o lema de “A PALABRA VIBRA” numerosos amigos do poeta reuníronse en Madrid para a realización dun acto neste lugar emblemático para o poeta.

Esta institución foi de sempre un lugar de referencia para o Carlos Oroza. Na mesma realizou recitais, presento o seu libro “No norte hai un mar máis alto que o ceo” e no ano 2014  foi condecorado con Medalla  de ouro do Círculo de Belas Artes de Madrid.

Artistas plásticos como Antón Lamazares, José Freixanes, Menchu Lamas, Agustín de Celis,  Yurihitto Otsuki ou Antón Patíño déronse cita con poetas e escritores como Ignacio Gómez de Liaño, José Luis Gallero; críticos como Tomas Paredes;  músicos como Javier Monforte;  comisarios e xestores culturais como Xose Luís Canido, e outras personalidades da cultura vinculadas ao autor de Viveiro.

O acto contou tamén coa presenza dunha delegación galega da Asociación Évame Oroza, encabezada polo seu presidente, Xabier Romero, editor da obra completa do poeta, e a participación de Branca Novoneyra, da Fundación Novoneyra.

De singular interese polo emotivo foi a intervención, persoal e próxima, da filla de Carlos Oroza, Marina Oroza, que leu un texto, que será recollido na próxima publicación no libro “Oroza 100”, que, entre outras cousas, recolle as impresións causadas pola primeira presenza dun pai ausente:"Subido a un escenario, encarnando un recital hipnótico, le vi y le escuché por primera vez. Era un espejo extraño. Parecía que solo yo, desde el patio de butacas, podía entender lo que decía: «... deja que suban los que sufran la tentación del norte, y en el territorio no compartido, permanece...»".

Web patrocinada por

© Evame Oroza. Todos los derechos reservados.
Desarrollado por Bonaval Multimedia SL.