Presentación do libro de relatos «En aquellas calles dibujé mis pasos», de Carmen Pereiro-Oliveira
Actividade
Cando
20:00 h.
Onde
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

O martes 11 de marzo (20:00 horas) presentamos o libro de relatos «En aquellas calles dibujé mis pasos», de Carmen Pereiro-Oliveira, no que cada relato conta historias cargadas de humanidade, sensibilidade e unha profunda conexión coa contorna. No acto participarán, ademais da autora, a escritora Clara do Roxo e o editor Xabier Romero. Na presentación contaremos cunha exposición das obras da cuberta e do interior, do artista Nito Pereiro-Oliveira, cuxo traballo foi fotografado por Alberto Pereiro Lueiro «Holly».
O libro.
A través das súas historias, a autora lévanos da man polas rúas de Vigo e outros escenarios, onde cada recuncho e cada paso parecen estar debuxados co trazo firme de quen coñece profundamente a súa contorna.
Un dos grandes acertos deste libro é a maneira na que Carmen xoga co tempo, tecendo historias que transitan entre o presente e o pasado. Cada relato encerra unha vida, unha historia secreta que, a medida que avanzamos na lectura, revélase con sutileza e delicadeza. Os personaxes que habitan estas páxinas teñen unha profundidade que vai máis aló do aparente. Son persoas que enfrontan medos, que viven con sombras, que cargan cos seus propios demos e contradicións, facéndoos incriblemente próximos e reais. O uso de distintos formatos narrativos —microrrelatos, relatos curtos e outros máis extensos— achega unha variedade que mantén o ritmo do libro áxil e dinámico. Ademais hai que destacar que a portada e as ilustracións do interior son obra de Nito Pereiro–Oliveira, irmán da escritora.
A autora.
Carmen Pereiro–Oliveira comezou escribir en 2015, cando asistiu a un curso de escritura creativa impartido por Clara do Roxo. E xa nese primeiro ano quedou finalista do concurso Dillo a quen maltrata del Concello de Lalín coa obra Manuel; mentres que en 2016, obtivo o primeiro premio no concurso Día das Letras Galegas en A Cividade, Mos con Alika.
E continuaron os éxitos para Carmen. En 2016 gañou o primeiro premio no III Certame de Relatos Vigo Histórico da Editorial Elvira con Nunha maleta caben todos os ventos e volveu recibir un premio neste mesmo certame en 2022, na novena edición. Nesa ocasión, ocupou a segunda posición con Una calle cuesta arriba.
A súa primeira novela, Norteño ya no quiere bailar, foi escrita durante 99 días de reclusión pola pandemia en formato epistolar entre dúas persoas que se contan o seu día a día. Esta obra foi publicada en abril de 2023.
A segunda novela, Amén Jesús, chegou en xaneiro de 2024 e está baseada na historia de catro mulleres que viven en Vigo e que xamais se coñecerían en condicións normais. Nesta terceira novela, En aquellas calles dibujé mis pasos, retomou o formato dos relatos curtos.