Skip to main content

Carlos Oroza:
Bronce e Palabra

Axúdanos a facer perenne a voz do poeta no corazón de Vigo.

"Que a palabra de Oroza atope a súa forma en bronce."

Progreso: 0 / 15000
Descubra como cobrará nova vida o antigo estanque dos Xardíns da Laxe-Estrela. Unha xanela á futura ágora poética de Vigo.

O Monumento a unha Voz Única.Asociación Cultural Évame Oroza, en estreita colaboración co prestixioso escultor Sergio Portela Campos, impulsa a creación e colocación dunha escultura a tamaño real en homenaxe a Carlos Oroza (1923-2015). Máis que un monumento estático, buscamos fundar un ágora cultural viva: un punto de encontro cidadán para recitais, presentacións e encontros literarios no epicentro urbán de Vigo.

Especificacións do Proxecto:

  • Autor: Sergio Portela Campos (Madrid, 1970).
  • A Obra: Escultura de corpo completo de aproximadamente 1,85 m de altura, fundida en bronce patinado.
  • O Soporte: Peana de granito galego de grano país fino (40 x 60 x 50 cm), que conecta a obra co círculo pétreo existente en la zona.
  • Ubicación: Antigo estanque dos Xardíns da Laxe-Estrela, Vigo; un enclave íntimo a pé da ría que formou parte do día a día do poeta.

Suscripción Popular: A túa aportación é o impulso final

O coste total da escultura conta co apoio da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia. Para completar a producción, fundición e instalación definitiva, fixámonos unha meta de 15.000 € a través desta suscripción popular.

Cada doación achéganos un paso máis á inauguración oficial, prevista para finais de outubro de 2026, coincidindo co aniversario do nacemento de Carlos Oroza.

⚠️ NOTA IMPORTANTE PARA O MECENAS: Ao realizar a túa doación a través de PayPal, por favor escribe no campo de "Engadir una nota" o teu nome completo (tal e como queres que apareza nos agradecementos) e o nome da recompensa correspondente á túa aportación.

NIVEIS DE MECENAZGO E RECOMPENSAS

Mecenas da Palabra

Aportación de 20€

Inclusión do teu nome no espazo dixital permanente do proxecto dentro da nosa web, asociado ao arquivo vivo de contidos da escultura + Un pin decorativo de Carlos Oroza

Lector Eterno

Aportación de 50€

Todo o anterior + Un exemplar do libro Oroza 100 publicado no seu centenario, con 100 intervencións de figuras culturales destacadas cercanas a Carlos Oroza (cortesía de Editorial Elvira).

Verso e Bronce

Aportación de 100€

Todo o anterior + Reproducción dunha seriegrafía orixinal de Carlos Oroza, dunha edición limitada de 150 exemplares certificada ante notario + Inscrición do teu nome no Libro de Mecenas físico que se exhibirá durante a inauguración e permanecerá exposto na sede da asociación.

Edición Limitada

Aportación de 250€

Todo o anterior + Un exemplar do último poemario editado de Carlos Oroza, que inclúe o poema inédito "El Intelectual".

Mecenas de Bronce (Limitado a 20 mecenas)

Aportación de 500€

Todo o anterior + Mención especial durante o acto público de inauguración + Inscrición do teu nome na placa conmemorativa física que se colocará xunto á escultura.

Patrocinador Oroza (Limitado a 10 mecenas)

Aportación de 1.000€ ou máis

Todo o anterior + Un exemplar da primeira edición especial do poemario Évame, firmado por Carlos Oroza + Recoñecemento destacado en toda a cartelería e comunicacións oficiais da asociación e inclusión do teu logo na sección "colaboran" da páxina web durante 3 anos.

O FUTURO DOS XARDÍNS DA LAXE

Un Espazo Aberto á Cidadanía. A colocación da estatua é só o primeiro paso. Dende a Asociación Cultural Évame Oroza, comprometémonos a dotar a este espazo dunha programación cultural permanente. O entorno da escultura se integrará como escenario aberto dentro das futuras edicións do Festival de Poesía “Máis alto que o ceo”, albergando de forma regular contacontos, recitais poéticos e encontros literarios interxeracionais.