conferencia begoña caamaño. un xeito de entender e estar no mundo
Actividade
conferencia
Cando
xoves, 14 de maio
20:00 h.
20:00 h.
Onde
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
O xoves 14 de maio, ás 20:00 horas terá lugar unha conferencia sobre a figura de Begoña Caamaño, homenaxeada nas Letras Galegas deste ano. Co título Begoña Camaaño. Un xeito de entender e estar no mundo, a profesora e crítica literaria María Xesús Nogueira fará un percorrido polas diferentes facetas da biografía de Caamaño e da súa obra para achegarnos o perfil dunha muller que concibiu o feminismo e a literatura como un xeito de entender e estar no mundo.