Skip to main content

Dramaturgia inversa con Jorge de Arcos e Santi Prego

Actividade

performance

Cando

xoves, 21 de maio
20:00 h.

Onde

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

O xoves 21 de maio, ás 20:00 horas, acolleremos o proxecto Dramaturxia inversa, dos actores Santi Prego e Jorge de Arcos. En Dramaturxia inversa propóñennos mudar o proceso da creación teatral e dar un papel activo ao público. Santi Prego e Jorge De Arcos presentarán unha performance de aproximadamente dez minutos construída a partir de froitas e verduras e articulada arredor do tema da guerra.

Unha vez rematada a acción, os performers retíranse, pero os espectadores que o desexen poderán permanecer e formular por escrito propostas e suxestións dramatúrxicas. Toda aquela escrita que lles suxira o que acaban de ver.
Transcorridos quince minutos, os actores regresarán para compartir e ler as achegas recollidas.

Convidámosvos a participar nesta experiencia única que se insire nun work in progress de Jorge de Arcos e Santi Prego concibido como un proceso de creación escénica a través de distintas residencias artísticas. A entrada é de balde ata completar foro.