emma pedreira no festival máis alto que o ceo
Actividade
festival Máis Alto que o Ceo
Cando
venres, 26 de xuño
20:00 h.
20:00 h.
Onde
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Continúa o festival Máis Alto que o Ceo. O venres, día 26, ás 20:00 horas a poeta convidada será a Emma Pedreira, que nos achega o espectáculo As poetas tamén contan batallitas, co que celebra os 30 anos dende a publicación dos seus primeiros textos, excusa coa que fará repaso desta traxectoria e de Inventaria, o seu último título editado.


