estrea do espectáculo boberías con orisel gaspar
Actividade
espectáculo
Cando
venres, 3 de outubro
20:00 h.
20:00 h.
Onde
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

O venres, día 3 de outubro, ás 20:00 horas, a actriz Orisel Gaspar presenta o seu proxecto Boberías, un espectáculo conformado por bocetos, ensaios, improvisacións, pequenas escenas, momentos de xogo e exercicios creativos que forman parte do que considera a súa preparación como actriz. É un convite á inspiración, coa que quere promover a reflexión, a conversa aberta e o debate.