Skip to main content

Gabriela Cánaves Miñones ofrece unha charla sobre o seu proxecto de performance PePa

Actividade

presentación

Cando

xoves, 6 de marzo
20:00 h.

Onde

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

O xoves 6 de marzo, ás 20:00 horas, a artista Gabriela Cánaves Miñones ofrecerá unha charla sobre o seu proxecto de performance PePa  que nos servirá para achegarnos ao mundo e práctica da performance. A charla, aberta a todo o público, será tamén a presentación do Laboratorio Intensivo de Performance Arte que a artista galego arxentina desenvolverá no local da asociación os días 19 e 20 de marzo de 17:00 a 21:00 h.

Para participar no laboratorio é preciso realizar unha inscrición previa, que podedes facer a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O prezo do laboratorio é de 50 euros para as persoas non asociadas e 40 para as asociadas.