“Nada mal para ser muller” , conversa entre Dula Piñeiro, Violeta Mosquera e Cuqui Piñeiro
Actividade
Cando
19:30 h.
Onde
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

O vindeiro xoves día 27 de marzo, ás 19:30 horas, a asociación Évame Oroza, organiza “Nada mal para ser muller” unha conversa entre a mariscadora e poeta Dula Piñeiro, a batería e docente Violeta Mosquera e a escultora e broncista Cuqui Piñeiro. O encontro, no que as participantes compartirán as súas experiencias e reflexións arredor da actividade laboral das mulleres nunha sociedade patriarcal, será presentado e mantido pola xornalista Mila Alonso.
Temos as mulleres que facer máis méritos que os homes para que o noso traballo se recoñeza? Segue a sociedade considerando que hai “traballo de homes” e “traballos de mulleres”? Que significa compatibilizar a vida laboral coa privada para unha muller? Existe o teito de cristal? Que relación hai entre xénero e economía? Cantas veces tivemos que escoitar esa frase que dá título ao acto: “non o fas nada mal para ser muller”?
Estas e outras preguntas servirán de inicio para unha conversa que se presenta de maneira de maneira informal, pero non por iso menos profunda e interesante. O evento procura, ademais, abrirse á participación do público para establecer un espazo de reflexión sobre o tema.
O evento procura, ademais, abrirse á participación do público para establecer un espazo de reflexión sobre o tema. “Nada mal para ser muller” é un evento organizado pola asociación Évame Oroza co apoio e patrocinio da Deputación de Pontevedra. A entrada é de balde e libre ata completar aforo.