Skip to main content
07 Agosto 2023

A delegada Territorial da Xunta en Vigo visita Évame Oroza e destaca a su actividade

A Asociación Évame Oroza acolleu no día de hoxe a visita da nova delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, que quería coñecer tanto o local como a actividade da asociación.Ana Ortiz resaltou a importancia de existencia de asociacións que dean vida ao Casco Vello vigués: “É unha maneira de facer barrio, de facer cidade e penso que o estades a conseguir”.

Foi, sen dúbida, un encontro moi frutífero, xa que a delegada quedou moi sorprendida pola intensa programación que ten a asociación, tanto a nivel de exposicións, como charlas e outras accións que xa se realizaron ou están previstas para os vindeiros meses.

Ana Ortiz sinalou que “é a primeira vez que visitaba este local e a verdade é que me encantou. Esta asociación, a pesar de que só leva en activo dende xaneiro, ten moitísima forza e está a facer un labor marabilloso, dando cabida a diferentes colectivos. Dende o principio dixeron que querían ser unha asociación aberta e un punto de encontro para a cultura e penso que o están a conseguir. Está é unha demostración máis de que se pode recuperar a zona e asociacións deste tipo lle veñen moi ben ao Casco Vello vigués. É unha maneira de facer barrio, de facer cidade e penso que o estades a conseguir”.

Axenda completa

Neste encontro o presidente de Evame Oroza, Javier Romero, explicou que a axenda do ano 2023 xa está completa a nivel de exposicións, pero que ademais hai moita actividade por diante: O concurso de poesía Carlos Oroza pechou o prazo de presentación de traballos cunha participación altísima e agora xa hai que pensar na gala de entrega dos premios prevista para o mes de novembro, así como en continuar coa mostra itinerante por Galicia adiante, que actualmente se atopa en Viveiro, localidade natal de Oroza; a presentación do libro Oroza 100, no que máis de cen artistas, amigos e coñecidos de Oroza falan da súa figura e contan anécdotas; a realización de diferentes talleres, charlas... Un calendario cheo de actividades para todas e todos os amantes da cultura en todas as súas facetas.