Skip to main content
28 Xaneiro 2023

Inaugurado o local da Asociación Évame Oroza

O 27 de xaneiro de 2023 inaugurouse o local da Asociación Évame Oroza, situado no número 5 da rúa Subida á Costa, no Casco Vello Alto de Vigo.

Este espazo, que foi rehabilitado dentro do programa de recuperación urbana do Consocio do Casco Vello, funciona dende esa data como sede da asociación e lugar para diversas actividades culturais, que van dende presentacións de libros a exposicións.

Na inauguración abriuse cunha exposición que recolle imaxes de Carlos Oroza e algúns dos seus poemas máis icónicos.


Á inauguración tivo lugar ás 20: 00 da tarde e tivo unha grande afluencia. Máis dun cento de persoas arrouparon o evento esa tarde, mesmo facendo quendas para entrar, e o ambiente festivo e de celebración era palpable. No acto leron poemas de Oroza Branca Novoneyra, Antonio García Teijeiro, Graciela Ruibal e Francesca da Silva. Tamén dixeron unhas palabras arredor do poeta e da asociación Menchu Lamas, Xabier Romero e Alberto Avendaño.