Presentación das bases do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza
Con motivo da presentación das bases do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza a asociación Évame-Oroza organizará un acto o vindeiro martes 21 de marzo no que se unirá a música e a poesía.
O evento terá lugar ás 20:00 horas, na Sala de Conferencias da Sede Afundación situada na rúa Policarpo Sanz 24-26.
Durante o acto estrearanse dúas novas cancións do disco Atelaida que Javier Monforte e Alberto Cunha está preparando sobre as voces Carlos Oroza e Aute. este traballo, aínda en produción, está inspirado no anterior Aute canta a Oroza que supuxo a última aventura musical de Luis Eduardo Aute. Nesta ocasión, tamén o recitado do poeta formará parte das cancións, que son todas novas composicións.
Tamén participarán o editor Xabier Romero como representante da asociación e o escritor Antonio García Teijeiro que será presidente do xurado na modalidade de castelán. Unha actuación do colectivo Rompente completará a velada, na que poderá escoitarse tamén a voz do poeta lendo un dos seus textos máis emblemáticos.
As bases do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza faranse públicas a partir da súa presentación. Trátase dun premio de carácter bianual que conta con dúas modalidades, unha para aqueles orixinais escritos en lingua galega e outra para os escritos en castelán. Cada unha dela ten unha dotación de 6.000 euros