presentación do libro el niño poeta
Actividade
presentación
Cando
martes, 9 de xuño
20:00 h.
20:00 h.
Onde
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
O martes, día 9, ás 20:00 horas, Franchesca López d’a Silva presentará o seu novo libro, recentemente aparecido en Editorial Elvira. Trátase de El niño poeta, un conto para todas as idades onde a poesía, a natureza e o asombro dialogan en cada páxina. Durante a presentación, a autora estará acompañada por Antonio García Teijeiro, Stella Maris González Balbuena, e o editor Xabier Romero. Haberá música a cargo de Pablo Vila.