presentación do libro obras públicas de marcos lorenzo
Actividade
Presentación
Cando
venres, 26 de setembro
20:00 h.
20:00 h.
Onde
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Gustaríanos que nos acompañásedes na presentación do libro Obras Públicas de Marcos Lorenzo editado por Intemperie. A cita será o venres, 26 de setembro, ás 20:00 horas no local da asociación. Durante a presentación, o autor estará acompañado por Llerena Perozo e David Rodríguez.
Obras públicas é unha escolma de textos de Marcos Lorenzo publicados en diferentes revistas, blogues e folletos entre os anos 2006 e 2015. Unha sorte de apuntes ao natural sobre temas tan variados como a noción de liberdade, o fútbol, deus, a ciencia, o tabaco, a prensa ou a memoria, e sempre desde unha mirada antropolóxica non exenta de humor.