Skip to main content

Presentación e concerto do libro "Coplas Analfabetas" de Antonio Tizón

Actividade

Presentación-concerto

Cando

venres, 23 de maio
20:00 h.

Onde

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

O venres día 23 de maio, ás 20:00 horas,  a asociación Évame Oroza acollerá o acto de presentación do libro "Coplas Analfabetas" de Antonio Tizón.  Un proxecto literario e musical que recupera a tradición oral galega a través da figura da madriña do autor, María Dominga Cordeiro, portadora dun legado de cantigas populares que agora volven á vida coa forza da palabra e da música. Na presentación teremos as palabras do autor,d o editor Xabier Romero e de Anxo Angueira,presidente da Fundación Rosalía de Castro e académico da RAG,  e música en directo coa participación de  Eugenia Sanmartín,  Daniel Adzemian, Carmen Penim, Mauricio Polsinelli e Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro (Barahúnda).