Skip to main content

Vendo a miña alma. Poxa de poetas no Máis Alto que o ceo

Actividade

festival de poesía e oralidade

Cando

xoves, 17 de xullo
20:00 h.

Onde

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

O xoves, día 17 de xullo, ás 20:00 horas, terá lugar a quinta e penúltima sesión do festival Máis Alto que o Ceo. Nesta ocasión organizamos para vós un recital de poesía que ten moito de xogo e precisa da vosa participación, nun espectáculo que, de maneira divertida e desenfadada, presenta ante os ollos do público a obra, doutra banda seria e reflexiva, de tres poetas galegas: Elvira Jardón, Suso Bahamonde e Patricia Meira, que lerán poemas das súas últimas publicacións.

O evento leva por nome “Vendo a miña alma: poxa de poetas” e nel rompemos as convencións do clásico recital colectivo para dar ás persoas asistentes a posibilidade de mercar, (con diñeiro simulado, por suposto) as almas das tres poetas que nos acompañan nunha poxa que será dirixida pola tamén poeta María Lado.