Skip to main content

Actividades 2024

Actividade:

presentacion libro

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

xoves, 19 de decembro

Horario:

20.00

 Presentación do libro Retazos de la vida  de ADELA MARTÍNEZ MARTÍ

O xoves 19 de decembro, ás 20:00 horas, acolleremos a presentación do libro Retazos de la vida, da escritora Adela Martínez Martí. A obra é un libro de relatos breves onde se mestura o ficticio e o autobiográfico.

Adela, nacida en 1961 en Pontevedra, destaca maiormente como poeta, mais ten publicado tamén narrativa. Durante a década dos 90 colaborou en prensa con entrevistas, artigos de opinión e reseñas. Durante a presentación estará acompañada por Eva Rodríguez Anes.

Actividade:

expo

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres, 13 de decembro

Horario:

19.30

Presentación da exposición On the Bilaterality de JUAN DE LA COLINA

A mostra On the Bilaterality, de Juan de la Colina ábrese ao público o venres día 13, ás 19:30 horas. Durante o acto contaremos coa presenza do artista e o comisario Darío Basso.

On the Bilaterality  reflexiona sobre a idea da bilateralidade plástica. Composta por obra fotográfica e unha pintura, toda realizada durante 2024, é a manifestación de parte fundamental do proceso de procura e creación que o artista vén desenvolvendo desde a súa faceta de investigador, e do que dan como resultado películas, documentais, libros e exposicións. Moitas das pezas desta exposición levan unha liña central, que suxire bilateralidade, ás veces xogando cunha posible simetría, outras rompendo esta.

Actividade:

Certame de Relatos Vigo Histórico

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres, 29 de novembro

Horario:

20.00

Recital poético de GRACIELA BAQUERO RUIBAL

Rematamos a semana co recital poético de Graciela Baquero Ruibal, que terá lugar o venres día 29 de novembro, ás 20:00 horas. A poeta lerá poemas do seu libro Crónicas de Olvido, recentemente reeditado por Tigres de Papel. A obra trátase de prosa poética na que o eu lírico e o personaxe simbólico de Olvido se acompañan a través dos escenarios cos que poderiamos construír unha vida

Actividade:

clausura expo

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

xoves, 28 de novembro

Horario:

20.00

Clausura da exposición Koyaanisqatsi, teatro de la memoria 

O xoves, día 28, ás 20:00 horas, terá lugar o acto de clausura da exposición Koyaanisqatsi, teatro de la memoria cunha visita guiada chea de sorpresas na que participarán Alfonso Armada, director e autor da compañía, o pintor Din Matamoro e o artista Darío Basso. A cita será ás 19:30 nos baixos do teatro García Barbón, de onde sairá, cara o local da asociación, a comitiva formada por público e artistas seguindo á formación de tamborís da ETRAD (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional). Ás 20:00 horas, xa no local, terá lugar unha pequena conversa na que particparán Armada, Matamoro e Basso así como a acción de despedida da exposición, que se desmontará ante os ollos do público mentres se recorda, a través dos obxectos, a traxectoria da mesma.

Actividade:

cineclub

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

martes, 26 de novembro

Horario:

19.30

Cineclub: ADIOS de Joel Cano

O martes 26 de novembro, ás 19:30 horas, volve o cineclub, coa presentación da película de cine independente cubano Adiós. O filme, dirixido por Joel Cano, está protagonizado pola actriz Orisel Gaspar, quen estará presente no coloquio posterior. A entrada é libre ata completar aforo.

Actividade:

Certame de Relatos Vigo Histórico

Lugar:

 Sala Rosalía de Castro da sede de Vigo da Deputación Provincial de Pontevedra
Eduardo Chao, 17
36202 Vigo

Data:

xoves,21 de novembro

Horario:

20.00

Certame de Relatos Vigo Histórico

O venres 22 de novembro a cita será fóra da casa de Oroza, pero é un proxecto que naceu da súa man, nunha das súas conversas con Xabier Romero: O Certame de Relatos Vigo Histórico. Carlos foi membro do xurado na primeira edición e a súa figura sempre está presente neste concurso que este ano cumpre xa a súa undécima edición. O venres celebrarase a gala de entrega dos premios e presentarase o libro Relatos na rúa 11. Este acto é sempre moi especial, grazas á participación da Fundación  IgualArte, nesta oportunidade co seu grupo de danza, que interpretará dous temas do espectáculo Emóvere. A gala celebrarase o venres ás 20:00 horas na sala Rosalía de Castro da sede de Vigo da Deputación Provincial de Pontevedra (Eduardo Chao, 17).

Actividade:

audición poemas

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

xoves,21 de novembro

Horario:

20.00

Audición poemas recitados por Oroza nos anos 70

O xoves 21 de novembro, aniversario do falecemento de Carlos Oroza, celebrarase na sede de Évame Oroza un acto moi especial, xa que teremos a posibilidade de escoitar unhas gravacións inéditas de seis poemas de Carlos Oroza na súa inesquecible voz, algúns acompañados de música, e que foron realizadas en Madrid na década dos anos 70, na casa de Jorge Segovia. A mellor forma de recordalo nunha data tan especial!

Actividade:

presentación comic

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres,15 de novembro

Horario:

19.30

Presentación e sinatura de exemplares do comic LUCIO STRADA

O venres día 15, ás 19:30 horas, terá lugar un acto arredor do comic Lucio Strada (Editorial Elvira) que consistirá en presentación e sinatura de exemplares, pop-up expo e o Dj Set de Tropical Boy. Contaremos coa presenza do autor e do editor deste comic ambientado Vilajiche, un Vigo desdebuxado e ancrónico no que se poden identificar elementos e personaxes reais da historia da cidade.

Actividade:

poesía e teatro

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

xoves,14 de novembro

Horario:

20.00

"Sesión de espiritismo":  POESÍA E TEATRO

O xoves día 15, ás 20:00 horas, terá lugar un recital moi especial organizado pola Asociación Évame Oroza en colaboración co colectivo Artístico “O fruto e a Serpe”. Trátase dun recital de poetas clásicos que se aparecerán ante os ollos do público nos corpos de poetas actuais a través dunha sesión de espiritismo na que aseguramos que as persoas asistentes non pasarán temor ningún e que ademais, terán un papel moi especial. As poetas e artistas vivas que prestan os seus corpos e voces ás defuntas son Silvia Penas, Samuel Merino, Orisel Gaspar, Luis Boullosa, Elvira Jardón e María Lado.

Esta Sesión de Espiritismo pretende ser un divertido xogo a medio camiño entre o o recital de poesía e o teatro. A entrada é libre, pero agradecemos a inscrición previa a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Haberá unha taquilla inversa, opcional, de mínimo de 5 €.

Actividade:

festival de literatura e humor

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

sábado 9 e domingo 10 de novembro

Horario:

sábado 11 horas, domingo 12.30

Presentación de "El primer servicio"  de EMILIO HERRERA OYA

A asociación Évame Oroza será unha das sedes do Hematofesti, festival de literatura e humor promovido en torno á figura do escritor Hematocrítico, e teremos unha fin de semana moi completa e variada. O sábado 9 de novembro (11:00 horas) teremos contacontos infantil da man de Caxoto. A actividade é unha sesión de contos baseada na obra Barbavoa, de Hematocrítico publicada por Nórdica Libros. Está dirixido a idades entre 4 e 9 anos, é de balde pero precisa inscrición previa no seguinte enlace:

https://hematofesti.com/actividades/sesion-de-contos-con-caxoto-4/

O domingo 10 repetiremos programación infantil do Hematofesti, esta vez ás 12:30 horas co escritor David Rodríguez, que traerá unha  peza baseada no libro feliz feroz de Hematocrítico. Está dirixido a idades de 4 a 9 anos, é de balde pero precisa de inscrición previa neste enlace:

https://hematofesti.com/actividades/sesion-de-contos-con-david-rodriguez-2/

E por se quedades con ganas de máis festa, tamén os trasladamos o convite, por parte da asociación de veciños e veciñas do Casco Vello Alto, á súa Festa do Outono, que será o sábado día 9 a partir das 13:30 horas na praza do Abanico. A súa programación arrancará cando remate a sesión do Hematofesti, e haberá bebida, merenda, música en directo con Paul Clarke na sesión vermú; maxia co Mago Óscar Fernández (Magia en la Manga) a partir das 17:00 e, ás 18:00 horas, sesión de contacontos con Marta Ortiz.

Actividade:

presentación libro

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

martes, 5 de novembro

Horario:

20:00 horas

Presentación de "El primer servicio"  de EMILIO HERRERA OYA

O martes día 5 de novembro ás 20:00 horas terá lugar a presentación da novela El primer servicio  do vigués Emilio Herrera Oya, publicado por Editorial Elvira. No acto participarán o autor Emilio Herrera e o editor Xabier Romero, os cales contarán como xurde a historia desta novela policíaca que se desenvolve nun Vigo moi real que todas e todos poderedes recoñecer.

Actividade:

presentación libro

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

mércores, 30 de outubro 

Horario:

19:30 horas

Presentación de  "A dama que fala" del grupo de comunicación poética ROMPENTE

O mércores 30 de outubro (19:30 horas) celebrarase no local de Évame Oroza a presentación do libro A dama que fala do Grupo de Comunicación Poética Rompente.

Dadaísmo, surrealismo, rabudismo, inconformismo, rupturismo, rompentismo. Diso vai A dama que fala. Este libro de Rompente é a reedición do último que publicou o grupo en 1983, antes de separase. Antón Reixa, Manuel M. Romón e Alberto Avendaño conforman Rompente entre 1976 e 1983. As súas actividades interdisciplinarias (espectáculos nos que fan da man da literatura, música e artes plásticas) levaron a expresión poética en lingua galega a outra dimensión nos anos da transición política española. En 2019, os tres poetas retomaron, despois dunha longa traxectoria en solitario, as súas actividades literarias conxuntas, publicado en 2023, Que hostia din os rumorosos?, aínda que (aseguran) seguen falando sós.

Actividade:

presentación libro

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres, 25 de outubro

Horario:

20:00 horas

Presentación de  "¿Qué hacemos con los humanos?"  de CÉSAR ANTONIO MOLINA

O venres 25 de outubro (20:00 horas) presentamos o libro ¿Qué hacemos con los humanos? de César Antonio Molina. O acto será presentado polo crítico de arte Xose Antón Castro e polo xornalista e xestor cultural Xosé Luis García Canido.

Estamos preparados para sobrevivir á maior revolución tecnolóxica da historia? ¿Qué hacemos con los humanos? é un intento de dar resposta a este gran interrogante e unha chamada de atención para preservar a nosa civilización, a nosa cultura, as nosas democracias, as nosas liberdades e o noso espírito crítico.

César Antonio Molina é licenciado en Dereito e en Ciencias da Información, así como doutor en Literatura. Foi profesor de Teoría e Crítica Literaria na Universidade Complutense, e de Humanidades na Carlos III. Tamén foi profesor convidado en varias universidades americanas e europeas, e é Doutor Honoris Causa pola Universidade La Oriental de Nápoles. Así mesmo, exerceu como director adxunto en Diario 16, dirixiu o Círculo de Belas Artes de Madrid, o Instituto Cervantes, a Casa do Lector, e foi ministro de Cultura.

Actividade:

stand up - monólogo 

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

xoves, 24 de outubro

Horario:

19:30 horas

CITAS LITERARIAS: A ver que pasa de EVARISTO CALVO

O xoves 24 de outubro (19:30 horas) recibiremos ao actor Evaristo Calvo (Mofa&Befa) que presentará o monólogo A ver que pasa, escrito e interpretado por el.

Con carácteristicas propias do stand up, o monólgo ou o cabaret literario ten unha pretensión claramente cómica. Nel vemos a un intérprete teimudo e deshinibido que desenvolve unha progresión que vai do stand up mais convencional ata a narración oral pasando pola poesía paródica.

No transcurso do espectáculo veremos como o seu protagonista renega do nome de monólogo exemplificando o que para el, viría sendo un auténtico monólogo dramático, defenderá o uso de termos procedentes do inglés para estar cos tempos e dar “categoria” aos conceptos aos que se refiren (mello Paco·s Barber Shop que Barbería Paco, por exemplo), dará a coñecer parte dunha obra poética absolutamente delirante e, como guinda do pastel, lanzaráse á piscina dos conta contos cun relato protagonizado por un camioneiro arroutado e pragado de digresións hilarantes.
O espectáculo pretende divertir ao público facendo gala dun humor intelixente pero comprensible para calquera tipo de espectadores

Actividade:

cinema

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

martes, 22 de outubro

Horario:

19:15 horas

Cineforum . "A SANGUE FRÍA”, de Richard Brooks

O martes 22 de outubro (19:15 horas) regresa o Cineforum a Évame Oroza e faino coa película `A sangre fría´, dirixida por Richard Brooks.

Este film é a adaptación da novela homónima de Truman Capote e precisamente hai só uns días (29 de setembro) cumpríronse 100 anos do nacemento deste gran autor, polo que esta proxección pareceunos a mellor forma para recordar á súa obra.

Actividade:

teatro

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres, 18 de outubro

Horario:

19:30 horas

O teatro e a guerra. Facer visible o invisible”, arredor  da expo: KOYAANISQATSI

 O venres 18 de outubro, co evento “El teatro y la guerra. Hacer visible lo invisible”, en torno a exposición Koyaanisqatsi:  teatro de la memoria, que se atopa nestes intres na asociación a asociación da recibo a un novo acto que lembra a lendaria compañía teatral.

Neste acto Alfonso Armada, autor e director de Koyaanisqatsi, e  Ricardo Solveira, ex subdirector da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, ofrecerán unha lectura dramatizada de dúas pezas de Armada, Asesinato en Monrovia e un fragmento de Los niños no puede hacer nada por los muertos. Os que estivestes na inauguración da mostra Koyaanisqatsi:  teatro de la memoria, ou ben coñecedes a esta compañía de teatro, xa sabedes que o espectáculo está garantido e tamén as sorpresas. Música, danza e quen sabe...

Actividade:

recital

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

xoves, 19 de outubro

Horario:

19:30 horas

CITAS LITERARIAS: Pablo Rodríguez é Samuel Merino

O xoves 17 de outubro (19:30 horas) terá lugar a segunda sesión do ciclo Citas Literarias reunirá no local da asociación aos poetas Pablo Rodríguez e Samuel Merino, unha mostra da poesía galega máis actual.

Pablo Rodríguez (filólogo, músico, programador e poeta)  é coeditor de Leite Edicións, onde traballa mesturando poesía con outras linguaxes como a dos fanzines, as aplicacións para móbil ou os videoxogos. É tamén autor do poemario Os ollos das moscas (2021).

Samuel Merino é autor dunha obra poética marcada pola súa formación filosófica e a súa experiencia nas artes escénicas. Entre a súa obra literaria publicada destacan: Guantanamera. Poema nun só acto (2021),  Con esta hoz / Con esta fouce (2023)  e Claustro Corda Comensal (2023).

Actividade:

recital

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

xoves, 10 de outubro

Horario:

19:30 horas

CITAS LITERARIAS: un ciclo dedicado á palabra en escena.  BRANCA TRIGO E LUCÍA CERNADAS

A asociación ofrecerá dous recitais de poesía e unha sesión de narración oral durante o mes de outubro.

Co ciclo Citas Literarias, a asociación Évame Oroza quere poñer no foco a palabra literaria falada, tanto na lírica como na narración, nunha programación que une baixo o mesmo lema dous recitais de poesía e un espectáculo de narración oral. O programa conta de tres sesións que se desenvolverán os xoves, entre o día 10 de outubro e o 24, ambos incluídos sempre ás 19:30 horas.

A primeira sesión estará protagonizada polas poetas Branca Trigo e Lucía Cernadas, ambas as dúas voces novas cun talento xa ben recoñecido entre o público. Branca Trigo codirixe a editorial de poesía Malafera e organiza xunto con outres poetas o micro aberto Cerimonia de gaivotas. Publicou os libros Coñecemento do Medo (2021), Condolore (2022) e trans0 (2024), ademais de participar en diversos volumes colectivos.

Pola súa parte, Lucía Cernadas publicou Sutura (2019) e Espinha (2020), con Leite Edicións, e O corpo é umha promessa (bolero) (2024), com Rodolfo e Priscila. Tamén apareceu en diversas antoloxías poéticas.

Actividade:

expo

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres, 4 de outubro

Horario:

20:00 horas

Exposición KOYAANISQATSI: TEATRO DE LA MEMORIA

O venres 4 de outubro terá lugar a inauguración da exposición Koyaanisqatsi: Teatro de la memoria, que recolle carteis, fotografías dalgúns espectáculos obra de Isabel Muñoz (Premio Nacional de Fotografía) e obxectos desta compañía afincada en Madrid, pero moi vencellada a nosa cidade.

A compañía de teatro Koyaanisqatsi (“vida fóra de equilibrio”) na lingua dos indios hopi, naceu en Madrid en 1985. Estreouse cunha montaxe titulada Sobre la noche, dirixido por Anne Serrano, fundadora dunha compañía que desde entón “non deixou de mesturar a súa visión ácida da realidade cun minucioso rescate da memoria como argumento teatral e vital”. En xullo de 1987 presentou no Auditorio da Caixa de Aforros de Vigo o seu segundo espectáculo, Cabaret de la Memoria, de Alfonso Armada, que se converteu en director da compañía. Desde esa data subiron ás táboas Dos monólogos náuticos (1988), formado por La caja de Pandora, de Pilar Maya, e La balsa de la Medusa, tamén de Alfonso Armada, autor de todas as pezas que seguiron: La edad de oro de los perros (tamén estreada, o 11 de marzo de 1989, en Vigo), Amor mortal (1990), Sin Maldita Esperanza (1994), Carmencita jugando (1995) e El alma de los objetos (1997, premio Ollo Crítico de Radio Nacional de España).

A inauguración, prevista para as 20 horas, terá unha cita previa, ás 19.30, ante o antigo teatro/cinema Rosalía de Castro, onde Koyaanisqatsi estreou algunhas das súas obras máis afamadas e controvertidas. Lembrando a  El alma de los objetos e en certa medida ao frautista de Hamelín, e seguindo os toques dos taborileros da ETRAD (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional), seguiremos os seus pasos ata Évame Oroza . Tras a benvida do presidente da Asociación Évame Oroza, Xabier Romero, intervirá o pintor Darío Basso, comisario xunto a Alfonso Armada dunha insólita mostra que foi idea deste pintor vigués. A continuación, o ex director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Ricardo Solveira, que encarnou o papel do Pallaso en Cabaret da Memoria, interpretará, acompañado do pianista Nicasio Gradaille, tres temas desa función. Seguiralle a actriz Anne Serrano, que interpretará parte do espectáculo no que quizá foi máis ela que nunca, Carmencita jugando.

Actividade:

Encontros

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

xoves, 3 de outubro

Horario:

19:30 horas

XIII edicion de CON BARQUEIRA E REMADOR

Un ano máis Évame Oroza será sede auxiliar do Obradoiro Internacional de Tradución Poética “Con barqueira e remador”, que desde o 30 de setembro, e ata o próximo 5 de outubro celebra a súa décimo terceira edición na illa de San Simón, baixo a coordinación de Yolanda Castaño.
No acto que se celebrará no local da asociación o xoves 3 de outubro, ás 19:30 horas poderemos escoitar as poetas convidadas que nesta ocasión son: Radu Vancu, de Rumanía; Petar Matovic, de Serbia; Nadia Mifsud, de Malta; Andrea Cote, de Colombia; Martí Sales, de Cataluña, y Jesús Castro Yáñez, de Galicia.

Actividade:

Encontros

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

mércores, 2 de outubro

Horario:

20:00 horas

Estrea do documental MAR, SOL, VENT de Xacobo Sanmartín

O mércores 2 de outubro (20:00 horas) Évame Oroza acollerá a estrea do documental Mar, Sol, Vent,  realizado por Xacobo Sanmartín, artífice da produtora Madre Films situada no Casco Vello Alto.
“Mar, sol, vent” é un filme onde non só documéntase a rehabilitación das Salinas da Concepción de Menorca, senón que explora como o espazo arquitectónico pode contar historias e conectar ás persoas coa súa contorna. A través de técnicas artesanais e un enfoque multidisciplinar, revívese unha tradición que evoca recordos e protexe a biodiversidade. Do mesmo xeito que no cinema, o espazo e o tempo fusiónanse, convidando aos espectadores a reflexionar sobre a súa relación coa paisaxe mediterránea e a súa historia, creando memorias emocionais que transcenden o visual. Esta curtametraxe documental, chea de beleza e sensibilidade, ten unha duración de 35’:40’’ e poderá verse por vez primeira no noso local.

Licenciado en Comunicación Audiovisual e cun Máster en Arte e Novas Tecnoloxías, Xacobo Sanmartín (Vigo, 1978) dedicou os últimos 20 anos á creación e desenvolvemento de proxectos cinematográficos, colaborando con numerosos medios de comunicación nacionais. Inicia a carreira como documentalista coa curtametraxe “I love Teis” (2005), de 5 minutos de duración, que foi seleccionado para o Festival Internacional de Documentais “Play-Doc”. A súa primeira longametraxe como director, “Un mar de Pedra”, explora o proceso creativo do escultor Manolo Paz e foi seleccionado para a  Competición Oficial do Play-Doc (2010), así como no Festival Internacional de Cine de Ourense e Cineuropa.

Actividade:

Encontros

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres, 27 de setembro

Horario:

20:00 horas

Charla aberta entre LAURA ITURRALDE, DIN MATAMORO e MARÍA LADO: A LUZ

Finaliza, , o ciclo Charlas Abertas  no que artistas de diferentes disciplinas conversan no local de Évame Oroza con María Lado como moderadora.

O venres 27 de setembro terá lugar a última sesión de Charlas Abertas, na que sentarán a conversar a iluminadora Laura Iturralde e o pintor Din Matamoro. Ambos talentos están unidos, polo traballo coa luz e a sensibilidade visual que demostran nas súas creacións.  Iturralde ten unha longa experiencia en teatro e montaxes artísticas nas que demostra que a iluminación pode ser “performática e unha creación en si mesma”, mentres que Matamoro destaca pola súa sorprendente visión da realidade e a capacidade artística para converter “o punto de vista e a observación do iluminado nun obxecto artístico en si mesmo oculto ata que a súa ollada o dá a coñecer”.

Actividade:

Encontros

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres, 20 de setembro

Horario:

20:00 horas

Charla aberta entre SERGIO PORTELA, NOVE NOEL e MARÍA LADO: A ARTE PÚBLICA

Continúa, no local de Évame Oroza, o ciclo Charlas Abertas  no que artistas de diferentes disciplinas conversarán en torno a un tema, con María Lado como moderadora. Desta forma, o 20 de setembro (20:00 horas), celebrarase a segunda cita das  Charlas Abertas , que estará protagonizada polo escultor Sergio Portela e o muralista Nove Noel e terá como fío condutor a arte pública. Entrada libre ata completar aforo.

Portela é autor de esculturas como A Sirena, que mira ao océano no Museo do Mar de Vigo, así como o encargado de realizar o conxunto escultórico adicado a Verne que se mergulla fronte á praia de Cesantes, ideado por Mincho Lastra. Nove Noel é muralista, ilustrador e pintor e a súa obra urbana está diseminada por varias cidades galegas e españolas, así como lonxe das nosas fronteiras, como por exemplo en Brasil ou México. Na cidade olívica puxo cor e memoria á loita do naval nas escaleiras que unen a rúa Conde de Torrecedeira con Pi i Margall.

Coma sempre, esperámosvos en Évame Oroza cun sorriso!

Actividade:

Encontros

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres, 13 de setembro

Horario:

20:00 horas

Comienza CHARLAS ABERTAS con Jaione Camborda e Bea Saiáns: CINE E REPRESENTACIÓN DE XENERO

Baixo o nome de Charlas Abertas, a asociación Évame Oroza retoma a súa programación despois do descanso estival para achegar ao público unha serie de conversas nas que artistas de diferentes disciplinas conversaran de maneira libre e distendida sobre elementos comúns do seu traballo, propostas e obxectivos.

A programación do ciclo comeza o  venres 13 de setembro coa sesión adicada ao cine, na que intervirán a directora Jaione Camborda, recentemente gañadora da Concha de Oro no festival de San Sebastián pola película O Corno e Bea Saiáns, novísima cineasta (e poeta) e unha das fundadoras da produtora audiovisual transfeminista Cru Producións. Modera Maria Lado. O punto de partida da súa conversa será a representación de xénero no mundo do cine. 

Actividade:

presentación libro

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

xoves, 12 de setembro

Horario:

20:00 horas

Presentación de “Antología Poética” de JORGE LOIRA

O xoves 12 de setembro (20:00 horas) terá lugar a presentación do libro Antología poética de Jorge Loira, publicado por Editorial Elvira. No acto participarán, o catedrático de Literatura Española na Universidade de Vigo José Montero Reguera o editor, Xabier Romero. Entrada libre ata encher aforo.

Jorge J. Loira (Bueu 1963-1982) foi un poeta, escritor e escultor, que a pesar de falecer á temperá idade do 18 anos, ten unha produción literaria moi extensa. A obra de Jorge José Loira Gago preséntase aos lectores como a produción literaria dun mozo apaixonado pola expresión poética do transcendente, o que existe máis aló dos sentidos humanos, un mozo ansioso por descubrir a súa propia lírica. Viviu intensamente os seus anhelos e ambicións intelectuais nos seus dezaoito anos cando, de golpe, un aneurisma acabou con eles levándose ao novo e ao poeta, indisolublemente unidos.

Actividade:

taller de teatro

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

24 e 30 de setembro.
Outubro: todos os luns e martes

Horario:

19:00 horas

TALLER DE TEATRO de Évame Oroza

Despois dos magníficos resultados acadados o pasado curso, o taller de teatro de Évame Oroza, coa profe María Romano ao fronte, regresa con máis forza e máis horarios!

Nesta nova tempada teremos dous niveis (iniciación e intermedio) para alcanzar a máis xente e non retrasar os avances de aqueles que xa teñen coñecementos. Así, as clases comezarán no mes de outubro, os luns co nivel intermedio e o martes, para os principiantes.

Tal e como xa sucedeu o pasado ano, as e os nosos socios terán un importante desconto no taller. O custe do mesmo será de 50 euros para o público en xeral e de 40 euros para aquelas persoas que acrediten ser socias de Évame Oroza.

As clases serán todos os luns e martes a partir das 20:30 horas no local social de Évame Oroza e cada sesión terá unha duración de dúas horas. Ademais, a primeira clase de cada nivel, que se celebrarán o 24 e 30 de setembro, será gratuíta.

Para máis información e para inscribirse nos obradoiros (prazas limitadas) debedes escribir ao mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., onde María responderá todas as vosas preguntas.

Actividade:

expo

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

mércores, 31 de xullo

Horario:

19:00 horas

Contra TEMPO de SIMÓN PACHECO

O mércores 31 de xullo (19:00 horas) terá lugar, no local de Évame Oroza, a inauguración da exposición Contra TIEMPO  de Simón Pacheco. A mostra poderá visitarse ata finais de setembro, de luns a venres, en horarios de 16:30 a 20:00h.

Contra TIEMPO,  de Simón Pacheco, é unha exposición de fotografías de pequeno e mediano formato (entre 10x15 e 20x30 cm). E quen mellor que o propio Simón para falar da súa obra: "O tema das miñas investigacións como artista foi sempre o tempo, a percepción subxectiva e a resistencia á inexorabilidade da entropía. Actualmente, a miña obra é un intento de manipular plásticamente a miña propia percepción subxectiva do tempo mediante a viaxe permanente. Unha imaxe recorrente na miña obra é a representación gráfica do crecemento como un intento de combater o tempo mediante a conquista do espazo..."

Actividade:

poesía e oralidade. Ciclo Máis Alto que o Ceo 

Lugar:

Praza do Abanico - Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres, 26 de xullo

Horario:

20:00 horas

Máis Alto que o Ceo: MOLOCH

Para pechar o festival Máis Alto que o Ceo, na asociación Évame Oroza preparámosvos unha sorpresa moi especial: o venres 26 de xullo, ás 20:00 horas teremos á banda pontevedresa MOLOCH, formada por Laura García , Andrés Martínez e Violeta Mosquera, que fan rock progresivo e experimental baseándose nos versos do poeta Jorge Cuña. A entrada é de balde e o concerto será coñecida como Praza do Abanico, na rúa Subida á Costa nº. 5 do Casco Vello Alto de Vigo.

Actividade:

poesía e oralidade. Ciclo Máis Alto que o Ceo 

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres, 19 de xullo

Horario:

20:00 horas

Máis Alto que o Ceo: CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN

Avanza xullo e tamén o festival da poesía e a oralidade Máis Alto que o Ceo. O venres 19 de xullo o protagonista será Celso Fernández Sanmartín, poeta da xeración dos 90 dotado cunha voz poética única e moi persoal. A cita será ás 20:00 horas e, sempre que o tempo o permita, celebrarase no exterior (Praza do Abanico). Entrada de balde.  

Celso Fernández Sanmartín (Lalín, 1969), licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, é un poeta e contacontos galego. Como contaconcontos, Celso caracterízase polo seu labor como recolledor e reinventor de historias e contos. O seu repertorio está composto por historias e memorias ligadas á tradición oral galega, que presenta nos seus espectáculos coma un verdadeiro tesouro, cheos de coidado, sentido e paixón pola oralidade, a comunicación e a lingua.

 Celso é unha voz referencial á hora de estudar a poesía dos anos noventa e posteriores en Galicia. En palabras de Helena González (profesora da Universidade Central de Barcelona), Celso Fernández Sanmartín ofrécenos “unha poesía que se ve, se cheira, se toca e ten sabor, porque o mundo sensorial convértese nun revelador máxico do oculto, ata o punto de que non escapan os seus versos á dimensión memorística que subxace tamén na literatura popular, pero tampouco á tenrura que permite ao autor volver os seus ollos ao que para os demais resúltanos invisible”.

Actividade:

poesía e oralidade. Ciclo Máis Alto que o Ceo 

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres, 12 de xullo

Horario:

20:00 horas

Máis Alto que o Ceo: ESTIBALIZ ESPINOSA

O venres, día 12, ás 20.00 horas, contaremos coa presenza de Estíbaliz Espinoza, voz poética da chamada xeración dos 90, que destaca polos seus recitais nos que mestura a poesía con outras disciplinas como a música, a posta en escena dramática ou a videocreación. Sempre é unha sorpresa escoitala porque cada lectura é enriquecida con múltiples elementos.

Estíbaliz Espinosa conta con sete volumes individuais de poesía, dos que destaca o máis recente: As neuronas irmás (Premio Afundación 2017) mais publicou tamén relato curtoe ensaio. Desenvolve a súa actividade cotiá como escritora, creadora e tradutora freelance. Escribe sobre astronomía e literatura para o Cuaderno de Cultura Científica da Universidade do País Vasco, a revista online Principia  ou Setestrelo, do Consello da Cultura Galega; ten colaborado en documentais para o Planetario da Casa das Ciencias ou no MUNCYT. Alén diso imparte palestras, charlas e obradoiros.Compaxina estas actividades coa música, pois é cantante mezzosoprano, e escribe sobre música para a Orquestra Sinfónica de Galicia. É astrónoma amadora, membro da Agrupación Astronómica Coruñesa.

Actividade:

poesía e oralidade. Ciclo Máis Alto que o Ceo 

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres, 5 de xullo

Horario:

20:00 horas

Máis Alto que o Ceo: LEDICIA COSTAS e MARIA LADO

Continuamos co festival de Poesía e Oralidade Máis Alto que o Ceo. O venres 5 de xullo, ás 20:00 horas, poderemos escoitar os versos de Ledicia Costas e María Lado.

Ambas as dúas escritoras volven ler xuntas despois de moitos anos dende a desaparición do colectivo Poetas da Hostia, no que as dúas compartían escenario con outras poetas da súa xeración. Un reencontro que será unha celebración da poesía, da palabra falada e tamén da amizade e que promete ser ben emotivo e divertido

Actividade:

poesía e oralidade. Ciclo Máis Alto que o Ceo 

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres, 28 de xuño

Horario:

20:00 horas

Máis Alto que o Ceo: RESONANCIA con Marc Egea e Marina Oroza

O venres, día 12, ás 20:00 horas, 

Actividade:

poesía

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

mércores, 19 de xuño

Horario:

20:00 horas

Presentación do poemario A ANTÁRTIDA MEDÍA 1,72  de PATRICIA MEIRA

O mércores 19 de xuño (20:00 horas) celebrarase, na sede da Asociación Évame Oroza, a presentación do poemario A Antártida medía 1,72 de Patricia Meira, nun acto cheo de poesía, música e teatro.

A Antártida medía 1,72  é o terceiro libro en solitario de Patricia Meira (Monforte de Lemos 1979), afincada en Vigo hai xa case 20 anos. A presentación deste poemario  publicado pola Editorial Elvira,  conta coa colaboración do grupo teatral Careco Teatro e o músico Juan Gardón. Na presentación tamén estará arroupada pola poeta Silvia Penas; a ilustradora Laura Cochón e o editor Javier Romero.

A Antártida medía 1'72  fala da eterna historia dos afectos e os desafectos, dos límites das parellas por encima da individualidade persoal, as carencias, as dependencias, os apoios mal encamiñados, e este deserto vital é o protagonista silencioso dun camiño, mais ben dun tránsito cara a un mesmo. Descubrir como se detén o tempo, ser testemuñas de como se deteriora un planeta observando un continente será unha dor tan insoportable que non será suficiente para seguir íntegros.

Patricia Meira estuda Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela e Educación Social na UNED. Sempre estivo vencellada ao mundo dos versos dende moi cedo como consumidora e lectora de poesía, colaborando activamente en diversas revistas e fanzines. En 2014, publica o seu primeiro poemario No ahogar pescado ni comerlo sentimentalmente (ed. Elvira) e en 2019 Non–maternidade (ed. Urutau). Colabora en distintas publicacións, como A violencia dun sorriso da poeta india Thamizhachi Thangapandian e tamén participa nos libros Latexo Beat, Manuel Antonio e mais nós, Oroza 100...

Actividade:

Oralidade e poesía

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres, 14 de xuño 

Horario:

20:00 horas

Festival de oralidade e poesía MAIS ALTO QUE O CEO 

O venres 14 de xullo, ás 20:00 horas, Nuria Vil e Lúa Mosquetera abren o festival Máis Alto que o Ceo en Évame Oroza.

Actividade:

expo

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres, 7 de xuño 

Horario:

20:00 horas

Expo DENDE O LUGAR QUE BUSCAMOS de Tono Carbajo. 

O venres 7 de xuño (20:00 horas) terá lugar, no local de Évame Oroza, a inauguración da exposición Dende o lugar que buscamos de Tono Carbajo. A mostra poderá visitarse ata finais de xullo, de luns a venres, en horarios de 16:30 a 20:00h.

O título da exposición, Dende o lugar que buscamos,  ten o dobre significado da busca do lugar interior, o lugar onde residen os nosos desexos e a nosa natureza íntima e por outro lado refírese tamén á necesidade que todos sentimos de atopar o noso sitio, o noso centro onde vivir e criar os nosos fillos.

Este dobre sentido está representado na exposición por dous proxectos de longo percorrido, As Casiñas dos desexos e Fronteiras. A eses traballos únense  tamén algúns poemas visuais que acompañan en paralelo ás dúas series de obras.

O pasado mes de marzo o artista estivo en Vigo realizando intervencións na paisaxe e tomando fotografías para algunhas das pezas que poderemos ver na Asociación Èvame Oroza. Os traballos de Tono Carbajo destes últimos anos tratan en grande medida sobre o territorio, vivido e entendido de maneiras moi diferentes, desde os posicionamentos máis poéticos aos máis políticos.

As Casiñas dos desexos (The Houses of Whishes) é un proxecto aberto á participación, que comezou en Edimburgo en 2016 en Interviewroom 11 Gallery e chega agora a Vigo pasando por Barcelona, Madrid, Ourense ou Pitoes dás Junas en Portugal entre outros lugares.

 O proceso iníciase pedindo aos que queiran colaborar que envíen de forma anónima á súa páxina web, un desexo persoal e íntimo. Despois, eses desexos serán escritos sobre unhas pequenas casas construídas con madeiras recuperadas de pisos desafiuzados.

Posteriormente o artista vai “liberando” esas pequenas construcións por distintas cidades e contornas naturais. Desde a súa páxina web podemos ver a xeolocalización de cada desexo sobre o mapa.

Se a proposta das Casiñas dos desexos   exprésase máis no terreo do íntimo, Fronteiras é unha serie que incide claramente no aspecto máis humano e político vivido estes últimos anos. O artista decidiu amosar as obras de Fronteiras, pola relación poética co berro en forma de verso de Carlos Oroza ¡Dejad que el trigo crezca en las fronteras!  do seu poema Pliego de cargos.

As fotografías que utiliza como base deste traballo, foron realizadas polo autor durante as súas estancias nos campos de refuxiados de Idomeni, nas illas de Lesbos e Kios en Grecia, na fronteira con Marrocos ou no campo de Presevo en Serbia entre outros.

Pero aquí nos propón outra mirada, agora xa desde a linguaxe da arte. Despois das viaxes e xa de volta no taller, Carbajo enfronta a transformación da imaxe fotográfica noutra cousa. Intervíndoas con materiais diversos como óleo, spray, pintura acrílica e obxectos, xorde entón outra mirada mais fonda e persoal. Actívase o terreo do simbólico, mais aló do que nun principio fora a noticia dunha situación e un momento concreto.

O autor. O traballo de Tono Carbajo (Vigo, 1960) comeza coa pintura a principios dos anos oitenta, pero pronto foi evolucionando cara a un espazo intermedio entre a fotografía, as vídeo-instalacións ou as performances. Actualmente vive en Barcelona.

Algunhas exposicións individuais do artista foron: “Escenas, cadrados negros e outros enlaces”, CGAC, Santiago de Compostela; "Expulsados e outros poemas de resistencia" no Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (CCCB); “14 Km de sel et de rêves”, Anciens Abbatoires, Casabranca Biennale; "Lignes parallèles" e "A túa mirada, o meu abismo" no Centre d'Art Contemporain d'Essaouira, Ifitry (Marrocos); "Tiehl and The Houses Of Wishes" en INTERVIEWROOM 11 Gallery. Edimburgh.

Nestes intres é artista residente no Piramidón Centre d’art Contemporani de Barcelona. A súa obra figura nos fondos de numerosas coleccións públicas e privadas.

Enlaces aos proxectos presentados:

https://www.tonocarbajo.net/las-casas-de-los-deseos

https://www.tonocarbajo.net/fronteras

 

Actividade:

concerto e presentación do libro disco Fremosas

Lugar:

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

xoves, 6 de xuño 

Horario:

20:30 horas

Concerto de BARAHÚNDA na Praza do Abanico 

O xoves 6 de xuño, Barahúnda presentan o seu libro-disco Fremosas  en Évame Oroza. Publicado por Editorial Toxosoutos, trátase dun traballo musical e divulgativo no que Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro interpretan 12 cantigas galego-portuguesas con composicións musicais propias.

O concerto dará comezo ás 20:30 horas e, se o tempo acompaña será na Praza do Abanico, a praza exterior da asociación (rúa Subida á Costa, 5, Casco Vello Alto, Vigo).

Actividade:

concerto

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres,, 31 de maio 

Horario:

20:30 horas

Concerto na Praza do Abanico de CATRO NUN ZOCO

O venres 31 de maio poderemos desfrutar en Évame Oroza  dun concerto moi especial da man de Xosé Luis Rivas `Mini´ e o seu grupo `Catro nun zoco´. A actuación celebrarase na Praza do Abanico, aproveitando as boas temperaturas que se esperan, a partir das 20:30 horas. Entrada de balde.

O mítico músico galego chegará a Vigo coa formación Catro nun zoco, no que participan ademais do propio Mini, Mariña Quintillán, Iria Rivas e Navia Rivas. Será unha proposta de música tradicional con mensaxe, onde guitarra, zanfona, violín e voces uniranse para ofrecernos unha velada única coa que damos o pistoletazo de saída aos eventos ao aire libre en Évame Oroza.

Xosé Luís Rivas Cruz, apodado Mini, é profesor, cantautor, compositor, musicólogo e político. Foi un dos fundadores da banda Fuxan os Ventos, na que participou ata  1982 e despois, en 1984, xunto a o seu compañeiro Baldomero Iglesias Dobarrio "Mero", formou A Quenlla. Agora nos presenta este novo proxecto no que Mini comparte escenario coas súas fillas, as músicas Navia e Iria Rivas, e a violinista Marina Quintillán.

Preguntámoslle a Mini sobre a proposta que traen a Évame Oroza e explicounos que “será un concerto de música tradicional e de autor, que é o que levo facendo toda a vida. Buscamos divertir á xente, pero tamén facela pensar un pouco. intentar deixar algunha mensaxe para remoer”.

Actividade:

presentación libro 

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

 martes, 28 de maio 

Horario:

19:30 horas

Presentación de  NON APARTES A MIRADA DO ESPELLO de Ticiana Ghiglione

O 28 de maio terá lugar en Évame Oroza a presentación do libro «Non apartes a mirada do espello», de Ticiana Ghiglione, quen virá acompañada do músico Óscar Lope e a poeta Adri de Vargas. O acto será ás 19:30 horas e actuará como presentadora María Xosé Porteiro.

«Non apartes a mirada do espello» é o segundo libro de Ticiana Ghiglione Darriba e o primeiro de relatos. Este libro bilingüe saíu a luz no mes de marzo do presente ano e é o resultado dun incesante traballo da autora, no que se reúnen contos que, como sinala súa recensión son «por momentos ásperos no sentido de impulsarnos a lembrar aspectos da condición humana que preferiríamos descoñecer (…) «historias inquietantes que nos levan a observar o noso interior na procura das sombras».

O libro vén acompañado por ilustracións, unha sorte de visión gráfica que fortalece o texto e agrega outra mirada, neste caso visual, a un texto que conmove dende as palabras e a gráfica. 

Este traballo xa foi presentado en Pontevedra, en Ribadeo, en A Coruña, en Sarria, en Vilalba en Lugo, e mañá chega a Vigo, a asociación Évame Oroza, onde será presentado pola escritora, xornalistae prologuista desta obra María Xosé Porteiro.

A autora. Ticiana Ghiglione Darriba, artista multidisplinar, licenciada en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo, naceu en Bos Aires en 1982 e vive en Galicia dende 1992. Como artista realizou múltiples mostras de pintura, individuais e colectivas. Ademais traballou no eido audiovisual, comisariou exposicións e levou adiante a xestión de moitos proxectos de índole cultural. Acadou varios recoñecementos polo seu traballo como artista, escritora e realizadora de curtas audiovisuais. É a creadora do personaxe de viñetas chamado Dina Mita, presente en moitos medios de comunicación como Sermos Galiza, Diario de Pontevedra, Muller Art e Onda Cero. En 2018, publicou o libro Dinamitadas, el despertar de la ironía, unha compilación de viñetas de Dina Mita, que conta con dous prólogos: un de Xaquín Marín e outro de Xesús Alonso Montero.

Actividade:

roteiro

Lugar

Saída: Na parte trasera do museo MARCO. Remate: Local de Evame Oroza (rúa Subida á Costa, nº 5, no Casco Vello Alto de Vigo , Praza do Abanico)

Data:

 sábado 25 de maio 

Horario:

12:00 horas

ROTEIRO CARLOS OROZA polo Casco Histórico Vigués

O sábado 25 de maio (12:00 horas) celebraremos o roteiro Carlos Oroza, un percorrido guiado polos espazos do Casco Vello Alto de Vigo que tanto gustaban e inspiraban a Carlos, e que finalizará no local de Évame Oroza.

Maio é un mes moi especial para a asociación Évame Oroza, xa que é cando se conmemora o aniversario do nacemento do xenial poeta oral. Así, pechamos a nosa programación de maio con este roteiro, que terá como punto de saída, a rúa que está na parte de atrás do Museo MARCO, onde estaba ubicada a cafetería Detras do Marco, na que Carlos pasou moitas horas dos seus últimos anos. Neste punto falará o presidente da asociación Évame Oroza, Xabier Romero.

Continuará a marcha por Príncipe, ata chegar a rúa de Carlos Oroza, onde será Antón Beiras, vicepresidente de Évame Oroza, o que tomará a palabra. Continuaremos avanzando ata a rúa Elduayen, para facer unha parada e escoita recitar a Franchesca d´A Silva. E tras enchernos da poesía de Oroza, seguiremos avanzando ata o Paseo de Alfonso, outro dos puntos favoritos de Carlos, onde será Antón Patiño, un dos socios fundadores da entidade, e que tomará a palabra. Xa só quedarán dúas paradas máis. A primeira será na editorial Elvira, un punto obrigado, xa que foi aquí onde se publicou toda a súa obra, a pesar de que Carlos non era moi amante do papel. Na editorial, será a quenda de Arantxa Amatriaín, representante da editorial e socia fundadora. Tras este fermoso percorrido, a marcha rematará no local de Évame Oroza onde terá lugar unha lectura de poemas.

 

Actividade:

presentación libro

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

venres, 24 de maio,

Horario:

20:00 horas

Presentación dos poemarios galardoados no Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza

O venres 24 de maio, ás 20:00 horas, Évame Oroza acollerá a presentación ao público dos poemarios Herbario da noite pecha de Lupe Gómez e Carbono 14, de Morales Monterríos, que foron os galardoados na primeira edición do Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza, á que se presentaron máis de 1.100 escritores de todo o mundo.

No evento deste venres participarán os dous autores premiados: Lupe Gómez, na modalidade de galego e Morales Monterríos, en castelán. Será un emotivo acto no que ambos presentarán o seu poemario publicado e lerán algúns dos poemas recollidos nel.

Modalidade de castelán

O Premio Carlos Oroza na modalidade de castelán foi para a obra “Carbono 14”, do chileno Roberto Morales Miranda - que firma as súas obras como Morales Monterríos -. O chileno viaxou ata Vigo para participar neste evento e poder desfrutar coa asociación Évame Oroza da publicación do seu poemario, xa que en novembro de 2023 non puido acudir a gala de entrega dos premios.

Morales Monterríos (Chile, 1970) publicou os libros Antichton (2000), Pantheon (2004), Príncipe de Chile (2007), Hécate (2009), Popol Vudú, Libro 1, Nómade in Chile (2017), Poemas de amor do obreiro John Bágoas. Os seus grandes éxitos (2018), O Tabo Che King (2022), NODO (2022). En 2022 resultou gañador do Premio Hispanoamericano de Poesía de San Salvador co libro NODO, e do XXII Premio de poesía Vicente Núñez (Córdoba, España), co seu libro Seda-Sade.

Modalidade de galego

Lupe Gómez foi a gañadora da modalidade de galego co poemario “Herbario da noite pecha”. Na acta, o xurado valorou “a linguaxe limpa, transparente e luminosa dos seus versos. O seu carácter sensorial é quen de transportar o lector cara a un universo da memoria vencellada coa infancia a través dunha ollada tenra e feminina. Un poemario directo de verso curto, onde se percibe o latexo da terra”.

Guadalupe Gómez Arto, nada en Fisteus (Curtis) en 1972, é unha poeta e xornalista galega, coñecida como Lupe Gómez, que publicou libros de poesía como Pornografía (1995), Camuflaxe (2017), Caracois de Belvís (2020) ou Montaña Ioga (2022). Obtivo, entre outros, os premios Johan Carballeira, Premio da Crítica, Miguel González Garcés e Fiz Vergara Vilariño. É autora da narración autobiográfica Fisteus era un mundo (2001) e do epistolario Fosforescencias (2019). 2023 foi un gran ano para Lupe, xa que tamén gañou o XI Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, Con Salón de Té (Xerais, 2023).

O Premio Internacional de Poesía Carlos Oroza xurdiu no ano 2023 coa vontade de recoñecer e reivindicar a figura do poeta, que foi unha das voces máis excepcionais da súa xeración. Este premio literario, que ten unha periodicidade bienal, está organizado pola Asociación Évame Oroza en colaboración con la Consellería de Cultura de la Xunta de Galicia. En cada unha das modalidades, os premiados recibiron 6.000 euros e una figura de Oroza realizada en bronce pola artista Cuqui Piñeiro, ademais da publicación do poemario, que se faría no mes de maio de 2024, coincidindo coa celebración do aniversario de Carlos Oroza.

Actividade:

cineforum

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data:

xoves, 23 de maio,

Horario:

19:30 horas

Terceira sesión do CINEFÓRUM coa proxección da película  “COMPARTIMENTO No 6”

O xoves 23 de maio,  as 19:30 horas, temos a nosa cita mensual co Cineforum, nunha sesión aberta e gratuíta na que despois da proxección da película, haberá debate. Será a terceira sesión do Cineforum en Évame Oroza, na que poderemos desfrutar da película finlandesa “Compartimento No 6”, do ano 2021, que recibiu o Gran Premio do xurado de Cannes.

Sinopse: Unha moza universitaria finlandesa colle un tren cara a Moscú para ir ao xacemento arqueolóxico de Murmansk. Para chegar ate alí terá que compartir o seu compartimento cun descoñecido, un mineiro ruso. Esta convivencia máis uns encontros improbables unirán aos poucos a estes dous seres aparentemente opostos.

Ficha: Ano: 2021 | Duración: 107 minutos | Xénero: Drama/Romance | Dirección: Juho Kuosmanen | Guión: Andris Feldmanis, Juho Kuosmanen, Livia Ulman. Novela: Rosa Liksom |Fotografía: Jani-Petteri Passi | Reparto: Seidi Haarla, Yuriy Borisov, Dinara Drukarova, Vladimir Lysenko, Galina Petrova.

Actividade

recital e presentación libro

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data

luns, 13 de maio

Horario:

20:00 horas

Recital 101 aniversario. Presentación OROZA 100

O luns 13 de maio é o día do aniversario do nacemento de Carlos Oroza. Este luns cumpriría 101 anos e pensamos que a mellor forma de celebralo é cun recital para lembrar os seus versos, a súa figura, as súas anécdotas. Este acto, que se celebrará na súa casa, no local de Évame Oroza, servirá tamén para presentar o libro Oroza 100, co que se quixo homenaxear ao xenial poeta con motivo do seu centenario.
O recital comezará ás 20:00 horas e contaremos varios dos participantes no libro Oroza 100, como María Xosé Porteiro, Antón Patiño, Menchu Lamas, Antón Beiras, Clara do Roxo, Alberto Avendaño, Francesca D´A Silva e Luz Eva Fernández.

Actividade

Presentación libro

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data

venres, 10 de maio

Horario:

20:00 horas

TIEMBLA TODO LO VIVO de Eduardo Flores Arróliga

O venres 10 de maio, ás 20:00 horas, recibiremos a visita do ensaísta, investigador e mestre Eduardo Flores Arróliga, que dende Nicaragua vén presentar o seu libro “Tiembla todo lo vivo” (Anamá, 2003) e que estará acompañado por Samuel Merino e Alberto Vilaboa.

Nesta obra, a través de nove ensaios narrativos sobre o estremecemento da condición humana, o autor dialoga con personaxes conceptuais da filosofía e literatura para que as leitoras fiquen envolvidas nas tramas da errancia, a finitude e a interconexión coa natureza dende a cartografía do vivido. Atopamos un texto que aposta pola tradición do ensaio como forma de pensamento e que abre a posibilidade de contar dende unha linguaxe persoal e narrativa o enfrontamento coas complexas fibras que constitúen a vida.

Eduardo Flores Arróliga (Managua, Nicaragua) é ensaísta, investigador e mestre. Doutor en Filosofía polo Instituto de Investigacións Filosóficas da Universidade Michoacana de San Nicolás de Hidalgo, Morelia, México. Os seus textos foron publicados en xornais e revistas latinoamericanas. Actualmente radica en Galicia.

Actividade

Presentación libro

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data

xoves, 9 de maio

Horario:

20:00 horas

BREVE HISTORIA DE O CASTRO DE VIGO

O xoves 9 de maio, ás 20:00 horas, celebrarase en Évame Oroza a presentación do libro «Breve Historia de O Castro de Vigo», de José Manuel Hidalgo Cuñarro, que estará acompañado no acto polo investigador Fernando Javier Costas Goberna e o editor Xabier Romero. O libro, publicado por Editorial Elvira, ofrece un percorrido pola historia do poboado e a fortaleza do castro vigués, escrito por quen dirixiu as escavacións arqueolóxicas deste xacemento entre os anos 1981 e 1988.

Novos datos arqueolóxicos e inéditas fontes documentais manuscritas permiten presentar ao público unha síntese histórica do monte de O Castro en Vigo, situado no centro da cidade e orixe dela. Protagonista e testemuña dos máis importantes acontecementos, analizaranse os restos arqueolóxicos, froito de moitos anos de traballo minucioso, que xunto aos datos históricos que posuímos, permitirannos falar dos remotos tempos prehistóricos á Idade Contemporánea.

O libro conta cun anexo gráfico, dando unha gran importancia ás boas ilustracións e ofrecendo ás lector imaxes inéditas. Ademais, tamén se inclúen fotografías das escavacións realizadas, así como dúas maquetas elaboradas expresamente para esta edición nas que se reconstrúe a fortaleza, cos seus tres recintos defensivos e o poboado castrexo e ás que tamén se poderá acceder a través dun código QR.

É un libro-obxecto cheo de misterios que o autor irá descubrindo a medida que le, coma se fose un arqueólogo no seu traballo minucioso en cada escavación.

José Manuel Hidalgo Cuñarro (1956, A Estrada) foi o primeiro arqueólogo municipal (1982) e director dos museos (1992) do Concello de Vigo. Dirixiu diversas escavacións arqueolóxicas en Vigo e a súa contorna: Castro de Vigo, illa de Toralla e Torres de Padín en Teis; dolmens/dólmenes de Cotogrande en Cabral; vilas romanas de Alcabre e Toralla; e a primeira intervención urbana no centro histórico da cidade (cimentos da actual biblioteca pública “Juan Campañel”), que confirmaron restos romanos nesa zona (1991). Froito das intensas prospeccións arqueolóxicas realizadas no noso municipio foi a elaboración dun inventario dos xacementos arqueolóxicos existentes (1985), que serviu como base fundamental do actual catálogo patrimonial municipal.

En O Castro de Vigo realizou oito campañas de escavacións sistemáticas de investigación (1981–1988), que deron como resultado a localización de máis de 45 estruturas pétreas, que hoxe día están musealizadas e pódense visitar; e o descubrimento de novas construcións na ladeira oposta, que evidenciaron a ocupación tamén desta zona, na mesma época que a anterior.

Membro fundador da asociación arqueolóxica viguesa, dos Institutos de Estudos Tudenses e Vigueses e finalmente da asociación cultural “Amigos do Castro de Vigo”, da que na actualidade é o seu presidente. De 1994 a 2002, vocal e vicepresidente do comité español do Consello Internacional de Museos (ICOM) e membro dos comités internacionais de Educación e Acción Cultural; museoloxía; e arqueoloxía e Historia, do mesmo organismo, dependente da UNESCO.

Actividade

Expo

Lugar

Praza da Constitución.
15403 Ferrol, A Coruña

Data

mércores, 24 de abril

Horario:

 19:30 horas

OROZA, O ULTIMO XOGLAR

A exposición “Oroza, o último xoglar”, creada para conmemorar o centenario do nacemento do poeta Carlos Oroza, chega a Ferrol na Semana da Poesía Salvaxe. Esta data foi elixida coidadosamente polo Concello de Ferrol xa que Oroza tivo unha intensa relación coa cidade ferrolá e participou en varias edición da Semana da Poesía Salvaxe e por iso quixeron homenaxealo coincidindo coa súa celebración.

A mostra será inaugurada o mércores 24 de abril na Praza da Constitución, onde poderá ser visitada ata o vindeiro 24 de maio. No acto, que se celebrará ás 19:30 horas, intervirán o Premio Nacional de Poesía Juan Carlos Mestre; a poeta galega María Lado; o concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte, e o presidente da asociación Évame Oroza, Xabier Romero.

A exposición está formada por seis cubos xigantes para exterior na que, a través de imaxes e texto, se fai percorrido pola vida e obra do gran poeta oral. En 2023, a mostra visitou Vigo, Pontevedra, Viveiro, O Caurel, Ribadavia, Lugo, Santiago de Compostela e A Coruña. Esta presentación, organizada por Évame Oroza, contaba co apoio económico da Xunta de Galicia e a colaboración dos diferentes concellos.

En 2024 a primeira parada da exposición “Oroza, o último xoglar” estivo no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, que quixo tamén conmemorar o centenario do nacemento do poeta que lle da nome ao centro, cun menú inspirado no libro Oroza 100. A segunda parada será esta, en Ferrol, un lugar onde recordan con cariño e admiración ao poeta oral por excelencia.

Actividade

Festival Creativa

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data

sabado, 20 de abril

Horario:

12.00 | 17.45 horas

FESTIVAL CREATIVA:  ZoomoAvi | Carme López

O local de Évame Oroza acollerá o sábado 20 de abril o Festival Creativa, impulsado pola Galería Maraca  e Dot Galicia e que se desenvolve entre o 19 e o 21 de abril na galería, no museo Marco e en Évame Oroza. Este festival, que naceu o pasado ano, unifica creatividade e cultura nun evento que pretende acercar a cultura a novos públicos, expandindo os seus límites, tanto espaciais como conceptuais.

Na xornada do sábado haberá dous concertos no local da asociación. Á mañá, ás 12:00 horas, será o momento de ZoomoAvi, beatmaker vigués que chega con sampler e teclados. Na súa música mestúrase o novo e o vello, un cóctel de xéneros onde o sabor principal é o hip hop.

Pola tarde, ás 17:45 horas dará comezo o concerto de Carme López, intérprete, docente e investigadora no eido da música de tradición oral galega. Doutora pola UDC cunha tese sobre o canto tradicional feminino en Galicia, presentará o seu novo disco Quintela, primeiro disco de música experimental que emprega a gaita como instrumento base.

Actividade

Evento multidisciplinar 

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data

xoves, 18 de abril

Horario:

20.00 horas

VÉRSAME - ESPAZO ABERTO

"VÉRSAME - ESPAZO ABERTO" celebra o seu primeiro medio ano de vida e faino cunha sesión especial que vai ter lugar este xoves 18 de abril no local da Asociación Cultural Évame Oroza.

VÉRSAME é un espazo no que cabe a poesía, o relato, cancións e outras manifestacións artísticas nunha sorte de micro aberto ao que están convidadas todas as persoas que queiran participar mostrando o seu traballo. A cita será o 18 de abril, ás 20:00 horas, e para poder participar sobre o escenario abonda con anotarse previamente no propio local. E tamén podes acudir como público para gozar con todas e todos os artistas presentes.

VÉRSAME - ESPAZO ABERTO é un evento que arrincou a finais do verán do ano 2023 en Vigo. É un espazo aberto á poesía, o microrrelato, o microteatro, as artes gráficas e a música. Os seus fundadores foron Pablo Vila e Pedro Román e agora se incorporaron Susi de Latorre e Alba Enríquez. A primeira edición de Vérsame celebrouse o 30 de xullo de 2023 no Café Uf Negra Sombra, lugar onde se reúnen unha vez ao mes para sorprender e mostrar o traballo de novos e vellos creadores. Nestas citas mensuais contan con tres artistas en cartel e un convidado que mostra a súa obra. Ademais, ata seis artistas poden rexistrarse na propia sala antes do comezo da sesión.

Actividade

cinefórum

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data

xoves, 11 de abril

Horario:

19.30 horas

 Proxección de THE DROP

O xoves 11 de abril (19:30 horas) celebrarase a segunda sesión do Cinefórum en Évame Oroza, coa proxección da película The Drop. A entrada é de balde e ao remate da película celebrarase un debate en torno á mesma.

Esta proposta, que nace co obxectivo de concederlle un espazo ao cinema na asociación, arrincou no mes de febreiro cunha primeira xornada adicada a Mimosas de Óliver Laxe e agora é a quenda de The Drop. Ata agora dúas propostas ben diferentes para chegar a todo tipo de público, aínda que o máis importante é que sexa afeccionado ao sétimo arte.

The Drop é un thriller negro estadounidense do ano 2014 dirixido por Michaël R. Roskam e protagonizado por Tom Hardy, Noomi Rapace, James Gandolfini (no
seu último papel cinematográfico) e Matthias Schoenaerts, que fan un fantástico
traballo.

O film conta a historia de Bob Saginowski, un barman que se ve envolto nunha
investigación despois de que rouben no bar no que traballa, que está controlado
polo crime organizado.

Actividade

Exposición fotográfica

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data

venres, 5 de abril

Horario:

19.30 horas (inauguración)

ESCLAVOS DE NUESTRA SOMBRA de Jorge Lens

O venres 5 de abril (19:30 horas) celebrarase, na sede da Asociación Évame Oroza, a inauguración da exposición Esclavos de nuestra sombra do fotógrafo vigués Jorge Lens. A mostra permanecerá en Évame Oroza ata finais de maio.

A través de 29 fotografías tomadas na cidade de Vigo, Esclavos de nuestra sombra convídanos a percorrer as rúas con novos ollos, a descubrir a beleza no común e a reflexionar sobre a complexidade da vida urbana, nunha viaxe visual e verbal. Nesta mirada atenta e honesta sobre a nosa contorna reside a auténtica poesía.

O fotógrafo rueiro, do mesmo xeito que o poeta paseante, penétrase nos recunchos da cidade, observando atentamente a vida que bole á súa ao redor ou o silencio que emana das súas rúas.  Acompañando a estas imaxes, e no propio título da exposición Esclavos de nuestra sombra, atopamos os versos de Carlos Oroza, cuxa poesía se nutre do deambular polas rúas e do encontro co trivial. As súas palabras entrelázanse coas imaxes, creando un diálogo entre o visual e o verbal, entre a imaxe capturada e a emoción evocada. Neste intercambio, revélase a poesía que subxace nas experiencias cotiás, nos recunchos esquecidos e nos rostros anónimos que poboan a cidade.

Jorge Lens (Vigo, 1967), licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidad Complutense de Madrid e doutor pola Universidade de Vigo, combinou nos seus inicios o seu traballo diario no xornal La Voz de Galicia coa fotografía de autor, participando en numerosas exposicións tanto en Galicia como a nivel internacional.

No ano 1997 comeza exercer como profesor de fotografía na Universidade de Vigo -labor que continúa exercendo- no Grado de Comunicación Audiovisual e no Grado de Publicidade e RR.PP. Despois duns anos desvinculado da práctica fotográfica, no ano 2016 retoma a fotografía e comeza a desenvolver un amplo proxecto no ámbito da fotografía urbana, City Blues, que o levou a retratar as grandes capitais europeas e que, producido pola AECID, foi exposto a través da rede de Centros Culturais de España en Latinoamérica.

Como consecuencia destas itinerancias, actualmente está a ultimar un novo proxecto documental ao redor da fotografía urbana nas capitais centroamericanas que recompilará fotografías tomadas nas cidades de San Salvador, San José de Costa Rica, cidade de Guatemala, Tegucigalpa, Managua e cidade de Panamá.

Actividade

presentación libro de poesía

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data

xoves, 4 de abril

Horario:

20.00 horas

VOTO DE SILENCIO de Andrea Maneiro

O xoves 4 de abril (20:00 horas) celebrarase, na sede da asociación, a presentación do libro Voto de Silencio, de Andrea F. Maneiro, nun acto cheo de música e poesía.

No evento participarán, ademais da propia autora, Clara Pino, poeta e música, que fará de mestra de cerimonias, e Manuel Dopico, músico e compoñente de varios grupos de música tradicional e folk (agora mesmo en A Quenlla e Cantos da Terra).

"Voto de silencio" é un libro que fala da educación das mulleres, educadas para someterse. Este poemario obtivo o IV Premio de poesía Eduardo Pondal e está publicado pola Editorial Medulia.

Andrea F. Maneiro (60 anos, de Carril), ademais do Premio Eduardo Pondal con esta obra, conta no seu poder con varios premios máis. En 2020, foi a
gañadora da IX edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, co libro Inventario dun adeus. Expiatoria. Ao ano seguinte, acadou o primeiro
premio do V Certame de Poesía Torre de Caldaloba, co poemario Contra-tempos e tamén recibiu o máximo galardo no XVI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, co poemario Edénicas. Andrea é unha gran afeccionada á fotografía e adoita ilustrar os seus poemarios coas súas fotografías, tal e como sucede precisamente con Voto de Silencio.

Actividade

pintura e poesía

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data

venres, 15 de marzo 

Horario:

19.30 horas

Acción O SER E O NERVIO

O vindeiro venres 15 de marzo ás 19:30 horas Branca Trigo e Ramón Trigo presentan na asociación Évame Oroza a acción O ser e o nervio, onde a pintura e a poesía establecen unha simbiose violenta coma a do ser humano e o lume. Trátase dun traballo que explora a memoria, o tránsito e a potencialidade da ruína mediante o recitado, a música e a creación en vivo dun cadro de gran formato.

Branca Trigo codirixe a editorial de poesía Malafera e organiza xunto con outres poetas o micro aberto Cerimonia de gaivotas. Publicou os libros Coñecemento do Medo (2021) e Condolore (2022) ademais de participar en diversos volumes colectivos.

Ramón Trigo é un pintor, escultor, autor de cómic e ilustrador. A súa obra foi exposta en Galicia, e distintas cidades de España, Portugal, Bélxica, Holanda, Lituania, Alemaña, Italia e Nixeria. Como ilustrador publicou numerosos libros e recibiu premios coma o Isaac Díaz Pardo e o Premio Nacional Lazarillo por Leviatán; o Premio Ciudad de Alicante por Casa vacía ou o Premio Cabildo Gran Canaria por Yo vivía en el fin del mundo.

Actividade

recital de poesía

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data

sábado, 24 de febreiro

Horario:

19.30 horas

Recital IRIA E O LOBO

O sábado 24 presentarase o recital Iria e O Lobo, no que Iria Bragado e Rafael López Vilas nos achegarán poemas dos seus últimos libros, coa colaboración de Susi de la Torre, Orisel Gaspar, Pablo Vila e Pedro Román. O evento comezará ás 19 :30 horas no local da asociación cultural Évame e a entrada é de balde, ata encher aforo.

Rafael López Vilas (Vigo, 1975), cando escribe poesía, se converte en El Lobo está aquí. O seu último libro Vosotros, el pueblo. Poemas antisociales (editorial Versátiles) presentouse no último trimestre do ano 2023. López Vilas describe a súa poesía como “realismo social, crítico, cáustico e mordaz, e busca unha reacción. Ten un alcance moi curto, pero busca molestar”.
Iria Bragado é unha figura coñecida en Vigo polas súas expresións artísticas e polo seu compromiso social. O seu primeiro poemario “Versos violentos”, (editorial Saurobuks, 2023) é un libro cheo de poesía de denuncia social, feminismo e arte gráfica.

Actividade

cinefórum

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data

xoves, 22 de febreiro

Horario:

19.30 horas

Comeza o cinefórum coa proxección da a película MIMOSAS de Oliver Laxe

Esta semana comeza Cinefórum na Asociación Évame Oroza, unha proposta que nade co obxectivo de adicarlle un espazo ao cinema. O xoves 22 de febreiro terá lugar a primeira sesión coa proxección de "Mimosas" de Óliver Laxe, ás 19:30 h. A entrada é de balde e despois haberá tempo para o debate e conversa sobre o film.

Mimosas é unha película dramática de 2016, descrita polo seu director Oliver Laxe como «un western relixioso». A película é unha coprodución internacional entre Catar, España, Marrocos e Francia. Proxectouse na sección da Semana Internacional da Crítica no Festival de Cinema de Cannes 2016, onde gañou o Premio Nespresso. 

O filme relata a historia de Shakib, un home moderno que viaxa ás montañas de Marrocos, onde se atopa a dous bandidos doutra época histórica que levan o cadáver dun ancián xeque camiño á antiga cidade de Sijilmasa co propósito de permitirlle o descanso á beira dos seus seres queridos.

.

Actividade

recital poético-musical 

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data

venres, 16 de febreiro

Horario:

19.30 horas

Recital poético-musical  "EL SUEÑO Y EL ECO" de Pablo Vila

O venres 16 de febreiro, ás 19:30 horas, Pablo Vila levará ao local da asociación Évame Oroza o espectáculo El sueño y el eco,  un recital poético-musical con guitarra (acústica e flamenca) co que rende homenaxe a grandes nomes da poesía de todos os tempos. Quevedo, Rosalía de Castro, Juan Ramón Jiménez, Ernestina Champourcín ou Lorca, entre outros, danse cita neste espectáculo no que o cantautor comparte conversas íntimas cos poetas protagonistas, para despois interpretar algún dos seus poemas en forma de canción. Unha maneira diferente, amena e chea de sensibilidade de achegarse á poesía.

Actividade

Concerto e presentación expo

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data

venres, 9 de febreiro

Horario:

19.30 horas

Presentación da expo "NADA ME PERTENCE, TUDO FAZ PARTE DE MIN" de Sol Mariño

Esta semana, na sede da Asociación Évame Oroza temos a inauguración da exposición Nada me pertence, tudo faz parte de min da artista e poeta Sol Mariño. O acto de inauguración será o venres día 9 de febreiro ás 19:30 horas. Durante a mesma, haberá unha actuación que une a poesía de Sol Mariño coa música de Pablo Caamiña (zanfona) e Marta Seco (violín) nun espectáculo titulado As alas da serpe.

Formada en Comunicación Audiovisual e Fotografía, Sol Mariño (1986) dedícase á serigrafía téxtil, a fotografía e a pintura mural. En 2023 publica As alas da serpe (Aira, 2023) seu primeiro poemario editado, a partir a partir do cal xurde unha performance poético-musical, coa súa voz narradora e os instrumentos de Pablo Caamiña (guitarra, zanfona, caixa de música) e Marta Seco (violín e voz).

Na mostra fotográfica Nada me pertence, tudo faz parte de min, Sol Mariño recolle un percorrido vital no que a colleita da mirada se engule e fai camiño. Pegadas dunha autobiografía en analóxico, que vai dende o 2011 ao 2022, trazando círculos entre a Galiza e o Brasil, os bosques, o alimento, o territorio e o fogar, fóra e dentro do corpo. A mostra vencéllase profundamente co seu poemario As alas da serpe. A mostra poderá visitarse ata mediados de marzo de luns a vernres en horarios de 16:30 a 20:00 h.

Actividade

Presentación libro

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data

mercores, 31 de xaneiro

Horario:

19.00 horas

Presentación do libro EL ÚLTIMO CONCIERTO de Xaime Fandiño

A Asociación Évame Oroza acollerá o 31 de xaneiro a presentación do libro El último concierto  de Xaime Fandiño. No acto participarán o propio autor, o editor Xabier Romero e os actores Antonio Durán “Morris” e Manuel Manquiña.  

En El último concierto, Xaime Fandiño trata de reivindicar a heteroxeneidade e o dereito para decidir en calquera momento do periplo vital, sexas novo, vello, maduro ou intermedio, porque a vida está chea de oportunidades e os nosos canallas protagonistas non están para desaproveitar nin un minuto da súa existencia. Unha road movie infestada de humor acedo que che sorprende en cada páxina; pois sempre pode ocorrer algo que nin che imaxinas porque a vida é así.  

Xaime Fandiño é É licenciado en xornalismo pola USC, doutor en comunicación pola UCM e máster en Filosofía pola USC. Formou parte do equipo de profesionais que a mediados dos anos 80 puxeron en marcha a TVG. Foi decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da UVigo, xefe da Cátedra de Televisión e Novos Medios da EICTV en Cuba, profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e director do primeiro Máster en Industria Musical desa universidade. Na actualidade é membro da comisión e un dos impulsores da Cátedra de Idadismo da UVigo, así como colaborador en Faro de Vigo.

Actividade

Festa aniversario

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data

venres, 26 de xaneiro

Horario:

19.30 horas

ANIVERSARIO DE ÉVAME OROZA

O venres 26, ás 19:00 horas, celebraremos o aniversario da sede física de Évame Oroza ao que convidamos a todas as persoas que desexen festexalo con nós. Na festa a creación será a protagonista da man de Silvia Penas, Clara do Roxo, Alberto Avendaño, Orisel Gaspar,  Francesca d’a Silva, Pedro Román, Samuel Merino e María Lado. Trátase dunha selección de artistas ás que calquera persoa do público pode encargar poemas, pequenos relatos, cancións ou debuxos (segundo a modalidade de cada artista) co tema e a historia que desexes e que serán elaborados en directo e entregados nunha lectura e mostra que terá lugar ao final do acto. Mentres as nosas creadoras e creadores fan os teus encargos, podes brindar, conversar coas amizades e recordar os mellores momentos de todo un ano de actividade cultural en Évame Oroza.

Actividade

Presentación libro

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data

xoves, 25 de xaneiro

Horario:

19.30 horas

Presentación de “FENÓMENO FAN”  de Clara Pino e Xavier Magalhäes

O xoves 25 de xaneiro (19:30 horas) celebrarase en Évame Oroza a presentación de “Fenómeno Fan”, un libro no que confluén a arte literaria de Clara Pino coa pictórica de  Xavier Magalhäes.  O acto tamén será un evento multicultural, con música e poesía, do que poderán desfrutar  todas as persoas que participen no evento.

“Fenómeno Fan”, é un mergullo no universo literario e pictórico de Clara Pino e Xavier Magalhäes. Os dous artistas fusionan e consolidan unha relación artística e de amizade chea de colaboracións desde o ano 2007. A partir do fío condutor tan globalista e alienante que supón o suceso «fan» en moitas expresións artísticas, autora e autor extrapolan e fían outras temáticas imprescindibles na nosa sociedade actual, conformando un corpus que se xestou durante o confinamento. Desta forma, xurdiu un libro cheo de beleza e introspeción no que o público gozará de cada páxina, tanto polo seu compromiso coma pola interdisciplinariedade entre as artes.

Actividade

Exposición Fotográfica.

Lugar

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Data

sábado, 13 de xaneiro

Horario:

19.30 horas

MAR ALLEO. Fotos de  Luis Basilio, Yatir Fernández e Ana Beiras

O sábado 13 de xaneiro celebrarase en Évame Oroza o acto de inauguración da exposición fotográfica colectiva Mar Alleo, dos artistas Luis Basilio, Yatir Fernández e Ana Beiras. A mostra permanecerá no local ata comezos de febreiro e poderá ser visitada polas tardes (de 16:30 a 20:00 horas).

Mar Alleo é un percorrido fotográfico onde cada un dos autores amosa a perspectiva que ten fronte ao mar, e “tentan demostrar como o conxunto do observado por cada suxeito compón a nosa colectividade”.

O acto de inauguración de Mar Alleo celebrarase o sábado 13 de xaneiro, a partir das 19:30 horas, no local da asociación cultural Évame Oroza.