Charla O dobre movemento do humor, con Sabela Fraga
Actividade
Conferencia
Cando
xoves, 11 de decembro
20:00 h.
20:00 h.
Onde
Asociación Évame Oroza
Rúa Subida á Costa, n.º 5
Vigo
O xoves, día 11 de decembro, ás 20:00 horas, coa conferencia "O dobre movemento do humor", a cargo da historiadora da arte Sabela Fraga. Nesta charla, a través dos traballos de varias artistas contemporáneas, analizaremos a presenza e o funcionamento do humor no campo da creación atendendo ao contexto no que xorden as propostas, os temas tratados e as complexidades que existen á hora de combinar ferramentas tan irreverentes como o humor, as artes e os feminismos.