Concerto Ben Salter
Actividade
Concerto
Cando
mércores, 10 de decembro
20:00 h.
20:00 h.
Onde
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
O mércores día 10, ás 20:0 horas, temos na asociación concerto do músico australiano Ben Salter que se atopa de xira no noso país e que comparte cartel co galego Manu G. Sanz. Ben Salter leva máis de 20 anos xirando polo mundo co seu cruce de canción confesional e pop experimental, que abarca dende a balada folk ata o indie rock máis afiado. Pola súa banda, Manu G. Sanz posúe unha impecable traxectoria musical en grupos como Indómitos, Selvática ou o dúo Digital Mother e acaba de editar o seu primeiro disco en solitario titulado Flores y Diosas.