Día da Poesía: Equinoccio
Actividade
recital con micro aberto
Cando
venres, 21 de marzo
19:30 h.
19:30 h.
Onde
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Esta semana é moi especial para a nosa asociación xa que se celebra o Día da Poesía, aínda que nós vivimos todos os días do ano coa poesía! Pero imos festexar como corresponde! Este 21 de marzo (19:30 horas), acolleremos na asociación Évame Oroza unha das sesións de Animais Nocturnos que adoita celebrar O Fruto e a Serpe. Trátase dun recital con micro aberto que, nesta ocasión, contará con Nila Álvarez Pousa como poeta convidada. O tema será, como non, o Equinoccio.
Ao final da sesión, temos preparada unha bonita sorpresa para todas as persoas asistentes que desexedes ver como, ao seu debido tempo, a poesía sempre acaba por florecer.