Skip to main content

Do azul. Recital de IRIA MEDRAÑO

Actividade

recital

Cando

venres, día 10 de xaneiro
19:30 h.

Onde

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Volven as actividades á asociación Évame Oroza para inaugurar un ano que desexamos que estea cheo de cultura e encontros. A primeira cita do 2025 na asociación será coa poeta  Iria Medraño, que nos trae un recital de poesía cantada e recitada nacido do seu segundo poemario, titulado  Do Azul. Será o venres día 10 de xaneiro ás 19:30 horas.

Iria Medraño González (Vigo, 1978), amante da natureza, ten unha fonda raíz que a une dende nena ao canto e a música tradicional galega. Escribe poesía e prosa como un acto íntimo para entender e ordear o mundo, as súas vivencias e sensibilidade.

Ten publicado o libro de relatos  O paso sen porta e os poemarios  Da raíz do corazón e  Do azul, ademais de dúas barallas de cartas con mensaxes profundos e poéticos.