Skip to main content

Obra plástica de JORGE J. LOIRA

Actividade

expo

Cando

venres, día 7 de febreiro
20:00 h.

Onde

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Esta semana temos no noso local a inauguración dunha nova exposición, que reúne por vez primeira para o público a obra plástica de Jorge J. Loira, un prometedor escritor e artista natural de Bueu, cuxa andaina na literatura e na arte se truncou á idade de 18 anos coa súa prematura morte.  O acto de inauguración será o venres día 7 de febreiro ás 20:00 horas e nel participarán María Loira, irmá do artista, Xabier Romero, editor de Editorial Elvira, e a escritora Franchesca D’a Silva, que poñerá voz aos versos de Jorge.

Malia a súa mocidade, a obra de Loira destaca pola súa fonda conciencia e a procura dunha voz propia que dea saída ás súas inquitudes, desbordante creatividade e inquedanzas tanto persoais como xeracionais.

A pegada deste prometedor artista foi tan fonda, que o propio Torrente Ballester (con quen chegou a trabar amizade durante o seu tempo de estudante en Salamanca) destacaba no pasamento do mozo o oco que deixaba baleiro na historia das letras en castelán. A súa obra literaria, centrada nos títulos "Tetraedro", "La Tierra del Olpú" e "Antología poética", foi editada por Editorial Elvira, selo que tamén presentou unha edición limitada na que se recolle a súa obra plástica.

Con esta exposición, réndeselle homenaxe a unha incipiente carreira que destacaba xa entre os seus contemporáneos pola súa viveza e expresividade.