Presentacion de Cuspindo miserias de NEVES RODRÍGUEZ
Actividade
Cando
19:30 h.
Onde
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

Esta semana acollemos no local de Évame Oroza a presentación do primeiro libro da comunicadora e actriz Neves Rodríguez, quen co poemario Cuspindo miserias (Galaxia) inicia a súa andaina no mundo editorial despois dunha ben coñecida traxectoria como actriz e presentadora de televisión. O acto terá lugar o día 12 de febreiro ás 19:30 horas e nel participarán a autora, a quen acompañará da escritora Inma López Silva.
Cuspindo miserias é un libro de versos descarnados, un berro que dá voz ás dores que, por vegoña ou medo, se ocultan. Cun estilo visceral, os versos de Neves saen do fondo da gorxa para estoupar diante dos ollos de quen le e servir como liberación de todo o que nos abafa. Versos como lóstregos que non ocultan a rabia e a dor baixo ningún adorno.