Skip to main content

Falamos de novela negra con FRANCISCO CASTRO

Actividade

presentación libro

Cando

mércores, día 19 de febreiro
19:30 h.

Onde

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

O vindeiro mércores, día 19 de febreiro, ás 19:30 horas, o escritor Francisco Castro e a xornalista María Xesús Argibay falarán sobre novela negra, xénero no que se inscribe “Últimas noticias de Sara Silva” que Francisco Castro acaba de publicar con Roca editorial.

A conversa promete ser dinámica e ben entretida, e de seguro que reflexionarán sobre aqueles puntos que fan que a literatura de crime e misterio resulte tan atractiva a un número de lectoras e lectores cada vez máis amplo.

Francisco Castro Veloso (Vigo, 1966) é escritor, editor, analista político e músico. Conta cunha extensa obra, multitude de premios e recoñecementos, e tocou case todos os xéneros, pero onde se sinte máis cómodo é na novela de intriga, que agora está máis de moda que nunca.
De todas as críticas que tivo Castro sobre a súa última novela, imos destacar a do escritor Pedro Feijoó: «Francisco Castro ten madeira, escola e oficio. Pero tamén moi mala idea e peores intencións para con vostedes… Prepárense, pois, para sufrir. E para non soltar este libro en horas».