inauguración da exposición debuxando vigo para Oroza
Actividade
Inauguración
Cando
venres, 9 de xaneiro
20:00 h
20:00 h
Onde
Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo
O venres 9 de xaneiro, ás 20:00 horas, inaugúrase no espazo cultural Évame Oroza a exposición Debuxando Vigo para Oroza, unha mostra colectiva do grupo Urban Sketchers Vigo (USkVigo) que rende homenaxe ao poeta Carlos Oroza a través do debuxo urbano. A exposición, que permanecerá en Évame Oroza ata o 30 de xaneiro, é o resultado das debuxadas realizadas durante este outono por máis de 30 urban sketchers, que quixeron lembrar a figura de Carlos Oroza. Para iso, escolleron enclaves emblemáticos da cidade, como o Paseo de Alfonso, o Monte do Castro, a Porta do Sol, a Alameda, as Avenidas ou o castelo de San Sebastián, espazos intimamente ligados á identidade viguesa.