Skip to main content

presentación do libro teotzin de elvira jardon

Actividade

presentación

Cando

xoves, 5 de febreiro
20:00 h

Onde

Asociación Évame Oroza.
Rúa Subida a Costa, 5
36202 Vigo

O xoves día 5 de febreiro ás 20:00 horas terá lugar a presentación do libro Teotzin de Elvira Jardón. No acto a autora estará acompañada polo escritor e xornalista Luis Boullosa e a escritora María Lado para falar deste poemario que é o terceiro título publicado da autora, nesta ocasión da man de Cuadranta Editorial. Teotzin, que significa “venerable enerxía sagrada” en náhuatl,é un libro que canta á existencia como metamorfose, un ascenso aos territorios onde o corpo, a memoria e o sagrado se reoñecen como unha mesma corrente.